MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 30 de diciembre de 2009

Nadal 2009-10: Vaite Nadal que xa cansas

 
 
1
 
Non sei se eu son dos Reis
ou prefiro o Noel.
 
Postos a elexir elixo
todo o que han traer.
 
Poño as mans pra que mas enchan
con moreas de ledicia.
 
Quito as mans cando me botan
carbón pra pintar os días.
 
 
2
 
Alumean o Nadal
ao carón do Corté Inglés,
non alumean os cartos
nos petos de quen non ten.
 
Vas camiñando sen peso
un ano máis o que ven.
Probe fuches, probe es,
probe serás no 2010.
 
Vaite Nadal que xa cansa
o engano que ti es.
 
Vaite co teu Deus Consumo
a onde haxa pra te ter.
 
 
 
 
 
 

LIBROS