![]() 1 Non sei se eu son dos Reis ou prefiro o Noel. Postos a elexir elixo todo o que han traer. Poño as mans pra que mas enchan con moreas de ledicia. Quito as mans cando me botan carbón pra pintar os días. 2 Alumean o Nadal ao carón do Corté Inglés, non alumean os cartos nos petos de quen non ten. Vas camiñando sen peso un ano máis o que ven. Probe fuches, probe es, probe serás no 2010. Vaite Nadal que xa cansa o engano que ti es. Vaite co teu Deus Consumo a onde haxa pra te ter. |
miércoles, 30 de diciembre de 2009
Nadal 2009-10: Vaite Nadal que xa cansas
martes, 15 de diciembre de 2009
Nadal 2009-10: Os Reis que veñen
Puso un agasallo nas súas mans de neno e recolleu o sorriso de quen aínda cre nuns Reis que veñen do lonxano Oriente. ¡Bendita a inocencia! ¡Qué boa a nenez! |
viernes, 6 de noviembre de 2009
G/C:Sempre soa
![]() Vestido branco Prezo: 33 euros 1 Hoxe non sei qué decir porque xa dixen moito, tampouco sei calar hoxe o que che conto. Chega a noite cedo i eu sego tan soa coma estaba onte, antonte, e sempre soa. Por riba xa me bota a vida outro outono para atarllo ao corpo. Van xa unha morea de setembros gastando os veráns do meu corpo. 2 Todo igual. Nada cambia. Yo sigo abrazada por el eco de mi voz apagada en un papel. Me invento. Me reinvento. No dejo de ser llama de vela que arde, no acaba y continua. Regreso a mí. Quedo en cera. Una torre se levanta buscando el abrazo de dos lunas congeladas. Se derrumba. Igual que mis sueños. |
lunes, 26 de octubre de 2009
Eu, a poeta
jueves, 3 de septiembre de 2009
Eu, a poeta
Chegas coma o lume sen pedir para entrar onde ninguén agarda o teu quente bicar. Xa perdo o acougo. Xa non cavilo máis. Tirome ao teu monte deixando o meu atrás. Esquezo tantas cousas coma endexamáis pensei que esquecería ao eu namorar. |
viernes, 31 de julio de 2009
Eu, a poeta
![]() Fun cara ti coma unha bolboreta que chega e non fica a beira de ninguén. Ti sempre no teu teito ollando o meu voar dun barco a un porto, dun porto a un mar. Voltaba e alí estabas piando ao eu pasar. Sempre ti agardabas. Sempre eu a voar. |
jueves, 2 de julio de 2009
Mi chico, mi chico
Vou cara ti aínda que non estés porque sempre estás no meu cabilar. Mi chico, mi chico, chámote sen nome. Mi chico, mi chico, aínda estou lonxe. Mi chico, mi chico, axiña te atopo. Ti estás pensando tamén no meu nome, na túa raíña da cidade da Torre, a que tanto escribe, a que tanto conta, a que che adica os versos da noite. |
sábado, 23 de mayo de 2009
Eu, a poeta
![]() Abro a fiestra i vivo no campo sen cancelas, aquí ninguén te bota fóra da túa leira. Enredome na Rede con verbas e máis verbas, brinco de unha páxina noutra que xa invento. Iste é o mundo libre que eu quero atesourar na miña realidade. Iste mundo sen portas é o que non atopo na miña realidade. |
jueves, 14 de mayo de 2009
Eu, a poeta
![]() Aíllome do mundo adentrándome en min ata que me esquecen os que están a vivir. Eu estou nunha cárcere da que non sei sair. Sempre catro paredes. Sempre o mar de fin. Mañán, moi caladiña, deixareime fuxir pola ventá que abro para chegar a ti. Nun teclado alleo os meus dedos camiñan por letras que escribiron antes do sol caer. |
martes, 12 de mayo de 2009
En dúas linguas
Me clavo y desclavo de la cruz de tu amor cuando veo en tus ojos escrito el adiós. Ti xa non me queres, eu quero seguir coas lapas máis mornas ardendo por min. Cravada na cruz toleo por ti, non quero cambiarte por outro sentir. Prefiro os cravos feridos de fin a uns cravos novos aínda por ferir. Por eso me quedo pegada a las sábanas cuando tu ausencia rellena la cama. |
sábado, 21 de marzo de 2009
Namorándome
Chegoume o teu retrato. Moitas grazas. Lembrábate antes, ágora son lembraza. Non sei se voltar contigo ou quedarme con outro que ronda o meu corazón. Ti es o retrato do que foches sempre, él é a incógnita dun libro a escribir. Non che correspondo cun retrato meu, pero douche as grazas por non me esquecer. |
miércoles, 4 de marzo de 2009
Eu, a poeta
Son eu a que enche o serán de poesía, a que sementa verbas no deserto, a que pranta froles que non nacen, a que recolle nada e moito e tanto pouco. Son eu o silencio levado polas pernas, a boca que fala pola man, a agonía que morre pero vive, a loita da tinta por pasar. Son eu isa que cres chamada Miss Derrota, isa que aínda segue a súa loita, isa que vai ceibe pola rúa, isa que cala, isa que escoitas, ista. Eu. A poeta. |
jueves, 19 de febrero de 2009
martes, 3 de febrero de 2009
Trovadora de min, trovadora de outros

Ía rematar na estrada
e rematou na beirarúa
coa lingua botada cara fóra.
Viña a Señora
co seu fouciño
a poñer fin
aos catro días.
Non choraba por él
senon por ela, a gata loira,
aquela última moza que tivo,
a derradeira que non sabía
o traxe negro que lle poñía.
Quiso sorrir
e foise indo
no derradeiro tren;
adeus, adeus,
ía él decindo.
miércoles, 21 de enero de 2009
Trovadora de min, trovadora de outros
Póñolle poesía a miña vida
nesta mañán de día 1,
encho as follas cos meus versos,
vou vaciando o corazón.
Tapo os silencio coa poesía,
deito a man polo camiño
dun rego vivo nun rego morto
ata encher leiras de tinta.
Só estou eu máis istas follas,
a lúa morre, o sol non asoma,
o mundo é un silencio apagado.
Calade. Calo. Non falo, pero
vou deixando unha agonía sementada.
sábado, 3 de enero de 2009
Nadal 2008-2009

Non falta nada
neste meu Nadal:
turrón unha chea,
melindres tamén,
o cava é o río
da gorxa aos pés.
Ista noite vou bailar
coa vasoira vermella
para ter eu moita sorte
no vindeiro que se se achega.
As marteladas que dan
creo que son as das uvas,
tanto ten, tenme o mesmo,
eu xa as comín antonte.
Neste meu Nadal
non están a faltar
nen cartos nen pan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)