MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 7 de mayo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 17

O PRIMEIRO ESTREO

Onte fun o estreo dos primeiros debuxos animados do Cinema Paxariño.

-¿Iste é o Coliseum? -pregunteille o noivo da miña sobriña.
-Alugamos unha sala de proxección acolladora.

¡E tanto! Estabamos en familia. O meu salón era máis grande que aquel baixo cheo de cadeiras de terraza de taberna da aldea.

-Le voy a buscar una silla más cómoda, condesa -ofreceuse un dos mestres que debuxaron o invento que saía pola pantalla.
-Deixa, meu neno, o meu cú xa se acostoumou a ista cousa.
-Isa que sae agora é María Pita, tía.
-¡Valgame Deus! Inventaron unha María Pita ben moderna.

A min semellabaseme a Angelina Jolie. Guapa era, pero non lle vía eu maneiras para defendernos dos ingleses. Levaba un corsé igualiño os de Escarlata O´Hara. Aquela ía afogar cando empezara a guerra.

-Agora aparece o home de María Pita.
-¡Polos cravos de Cristo! ¡É Brad Pitt! ¿Qué fixestes, carallo? Ises teñen de galegos o que teño eu de chinesa.
-Los gallegos descendemos de los celtas, condesa.
-¿Vasme a decir ti a min de quen descendo?
-Somos rubios y de piel blanca.
-Sí, meu neno, coma a vaca marela.
-Eso, eso.

Alexandre sorría, os mestres aplaudíanlles ós da pantalla, a miña sobriña miraba as uñas, o público estaba caladiño... Non, en no Cinema Paxariño non volvo a poñer nin un billete falso. Aquelo da pantalla era un plaxio mal feito.

-Isa María Pita é unha mistura de Angelina Jolie e Escarlata O´Hara.
-La I+D+i hace maravillas, condesa. Ahí está el futuro.
-Se o futuro consiste en plaxiar, conmigo non contedes.

Alexandre estaba decidido a darme unha lección maxistral sobre investimentos e innovacións que en no vía na pantalla. Deixeino falar. A María Pita Jolie bicaba o Brad Pitt. Debían estar no maio do 68 porque en vez de facer a guerra facían o amor.

-Agora empezan as batallas
-Grazas, Eviña, por avisarme.

Os da pantalla seguían a bicarse, man para arriba, man para abaixo, te quiero mucho y somos felices. ¡Menudos guerreiros!

Un estoupido fixome tremar. ¡Carallo! Empezaba a guerra. Botei a man o crucifixo que levo sempre debaixo do vestido. Pero... ¿qué guerra era aquela? Noite, luces, bombas, misiles,...

-Isa é a guerra do Irak.
-¿Qué dis, tía?
-Que eu isa guerra vinna na televisión.
-Mire a su heroina, condesa.

¡Valgame Deus! Angelina Jolie tiña o corpo da Mariquita Pérez. Brincaba coma o demo no inferno cunha saia que na movía nin o medo.
-Vai poñer en marcha os cañóns, tía.
-El marido ya ha muerto.

Non aguantei máis. Erginme e puxenme eu en marcha cara a porta. O morto estaba envolto nunha bandeira americana e, na última ollada que lle botei, vinlle a cara de Bush. Non, a nosa María Pita, endexamáis se casaría co Bush. Paarei un taxi e fun a rezarlle un padrenuestro a Nosa Señora do Rosario. Viña de ver un pecado moi grande de Dios.

LIBROS