LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 7 de abril de 2007

Arredor de min


Se ti souperas
e non sabes
¡meu pobre!
mellor non sepas.

Ten fe en ti
saborea o mel
desta abella
que fai colmena.

Se ti souperas
¡ai, meu neno!
despertarías
pero non, segue.

Chupa a rosa
do monte aberto
pensas en xardín
¡meu pobre!

A rosa é de toxo
o toxo é do monte
a abella é guerreira
guerreira do monte.

LIBROS