MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 2 de abril de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 8

 ALEXANDRE
 
 Quen tamén se namorou foi a miña sobriña Eva. Está toliña. Paso o día conectrada o Internet ise.
 
 -Eviña, filla, sae de ahí que teño que escribirlle un mail o Uxío.
 -Axiña, tía. Mi chico se va a conectar al messenger y tenemos muchas cosas que hablar.
 
 Eu escribo cos dez dedos, pero non acabo a tempo. Salta o messenger. Eva está fora pintando. ¿Por qué non votarlle unha ollada o noivo da miña sobriña? Abrin a ventaniña... Era igualiño o meu cuñado. Máis xoven, pero igualiño. Eche ven certo cas mulleres namoramonos de homes que se semellan aos nosos pais.
 
 -Deixame libre, tía. Xa está Alexandre conectado. ¿Non lle dirías nada, verdade?
 -Deus me libre. Loito non levo polo meu duque, pero aínda non lle fun infiel.
 
 A miña sobriña teclea, pon a cámara do ordenador, bica a pantalla, fala co home da imaxen. Endexmáis pensei que esta nena se namorara tanto.
 
 -Denise hoxe puxo un boneco na cancela, duquesa. Hai que ter coidado -di o meu asistento Pepe.
 -Non hei ter máis coidado cos outros días.
 -Cambiou o meigallo.
 
 Pois parece que sí. Tivemos un día ben tranquilo, sen xente depresiva á porta. Eu xa estaba cansa de decirlles que son a duquesa de Monte Loureiro e de curandeira non teño nin o nome.
 
 -Tía, tes que facerme un favor grandísimo.
 -Non me metas medo, Eviña, que o último favor que fixen saeume ben caro. Aluguei unha neveira e acabei maldita.
 -¿Invitarás o meu mozo a xantar un día distes?
 -¿E logo non llo podes levar a túa nai?
 -Xa sabes coma é mamá, tía. Se non hai data de voda no recibe.
 -Invitao cando non esté ela.
 -Papá dirialle que metin un descoñecido na casa. Xa sabes que él polo ulido sabe se tivemos visita.
 
 Accedín a invitar o noivo da miña sobriña. Hai que axudala , carallo. Ela non ten culpa dos pasi que lle tocaron. Miña irmán é máis recta cun pao de buxo e o meu cuñado non sabe defender a filla. Se ise rapaz de Vigo é unha boa persoa, ¿qué problema hai pra darlle un xantar?
 
 -Teño que pedirche outro favor, tía.
 -Pide, nena.
 -Dixenlle o meu noivo que eras a condesa.
 
 Tremaronme as pernas. Eviña decía que tiña que caracterizarme. ¿Quén pensaba que era eu? ¿Helen Mirren? Non, eu á condesa na interpretaba. Endexamáis me vestín de negro e non o vou a facer agora.
 
 -Alexandre quere coñecer á condesa. Ela pode financiarlle un proxecto empresarial moi importante para Galicia.
 -Eu pola miña terra fago o que sexa preciso, pero cartos non poño. Os investimentos hai que facelos con tino.
 
 A miña sobriña di que no teño que poñer un peso. O vestido negro mercamo ela. Eu só teño que falar de economía con Alexandre. Quitame o medo. Se soio é falar, ben falo.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

LIBROS