Son a que cala e non fala.
Son a que fala e non cala.
Son como a pandereta
que baila nun dedo rápido.
E ti que me estás mirando
pensas que eu son ben rara.
E ti que me estás ollando
non sabes que estou atada
polo deber dunha filla
e pola obriga sagrada.
E ti que me ves sinxela
pensas que cabilo nadas.
------------------
