MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 12 de marzo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro 1

 O ASISTENTO
 
 O Día da Muller Traballadora contratei un asistento. Fun o Servicio Galego de Colocación e pedin un home para todo. A da ventanilla puxo cara de espanto. Tiven que explicarlle que por todo entendíase: cociña, limpeza e conducir o mercedes. A funcionaria negabame un traballador masculino; decía que todalas asistentas eran mulleres.
 
 -Pois ten que cambiar iso.
 -Eu tamén o penso, señora -dixo un home alto e calvo. Semellabase o calvo da lotería-. Se quere, eu podo ser o seu asistento.
 
 Contrateino. Alí mesmo firmamos todolos papeis.
 
 -¿É vostede a duquesa de Monte Loureiro?
 -A mesma.
 -Monte Loureiro é a miña aldea.
 
 Resultou ser o fillo máis novo de Suso o Zoqueiro, que no Ceo esté. Eu no coñecía porque hai ben anos que non vou por Monte Loureiro. Xa non lembro nin o camiño.
 
 -Duquesa, o seu fillo ó teléfono.
 
 ¿Qué lle pasaría? ¿Nomearíao Bieito XVI bispo?
 
 -Mamá, es un escándalo. Tienes que despedir a ese hombre. Contrata una interna, decente, honrada y...
 -Cala, fillo, carallo, pareces Torquemada.
 -¡Qué pecado! Confiésate, mamá. Monseñor Rouco te recibirá en Madrid y ...
 -Decir carallo no é pecado e pra confesarme, ben sabe Deus que no vou a Madrid. Os meus pecados contollos ás amigas.
 
 Tiven que colgarlle o teléfono. Teño un fillo machista. Crego e machista. Eu eduqueino ben, pero no seminario botou a perder o pouco que non levaba perdido nunha vocación que ainda non entendo hoxe.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

LIBROS