LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 1 de marzo de 2007

Arredor de min


Arranxaremos a vida
se a filla sae algo
se non destaca por ela
que atope home que valla.

Mira para as que casan
co piso ben amueblado
o home din que é algo
que produce moitos cartos.

Pero eu son mala filla
que non escoita consellos
os príncipes non me gostan
pra eu casarme con eles.

Caseime coa libertade
nadando en soidades
a todo os vou trocando
cando me queren atar.

LIBROS