LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 2 de junio de 2014

Poeta pantasma

Vou a esprimir cada minuto,
subirme polos segundos,
chegar o monte das horas
i berrar que son a raíña do mundo.
 
Son a poeta
Son a pantasma
Son a máis grande
cos dedos de pinceis
i o mundo de lenzo
e ti para odiarme.
 
Non me importa
Velahí outro
Agora bico a outro mozo
e ti quedas de esterco
para as sementes novas.
 
Xa non che recito a ti
os versos que fago novos
Xa hai outro que asiste
os recitais baixo a lúa.
 
A raíña non ten dono
A poeta tente tolo
A pantasma ten outro acougo.
 
------------------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/

LIBROS