LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 13 de junio de 2014

Poeta pantasma

Non sei qué verso escribir
nin sei qué tristura pintar
nas verbas ceibes da poeta
que ti estás a escoitar.
 
Podo decirche tantas cousas
Podo calar o que che conto
Podo falar só para min
Podo seguir calando todo
 
Acochada polo frío a miña man
vai debullando cousa a cousa
mentras lembro i non quero
lembrar ningunha bágoa morta.
 
Podo seguir pintando cadros
Podo subir outro retrato
Pdo calar o que xa fixen
Podo decirche: estou tola.
 
Deixame decirche soamente:
son a pantasma poeta e pintora
das verbas que vou ceibando
cando son eu e non a outra.
 
-------------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/

LIBROS