LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 20 de octubre de 2008

Lume na eira

Grow Poster
 
 
Collemos un camiño cara nós
e chegamos xuntos
ata o naufraxio
do reencontro
dos corpos espidos de reloxos.
Cala.
Non digas nada.
Deixa que falen
só istas lapas.
 
Lapas na eira.
Lapas na cama.
Lapas na casa.
Lapas que nadan
en dúas sábanas.
 
Chegamos xuntos ao mesmo porto,
xuntos subimos
ata o cumio,
alí ficamos.
¡Qué cale o mundo!
¡Qué non apaguen o noso lume!
 

__________________________________________________
Correo Yahoo!
Espacio para todos tus mensajes, antivirus y antispam ¡gratis!
Regístrate ya - http://correo.yahoo.es

LIBROS