MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 21 de agosto de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

Soñar é tan doado que non soño,
pero soño
i ata falo
coa pantasma que sae do meu corpo,
pantasma de min mesma,
ceibe e pantasma.
 
Estou aquí soterrada en cada rego
agardando o verán para ceibarme
fora dunha saia allea.
 
Xa estou soñando.
Xa estou falando.
Xa estou vivindo.
Falo e vivo e soño o que non teño.

__________________________________________________
Correo Yahoo!
Espacio para todos tus mensajes, antivirus y antispam ¡gratis!
Regístrate ya - http://correo.yahoo.es

LIBROS