LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 30 de abril de 2007

Arredor de min




Regateasme un minuto
eu unha hora preciso
miras os meus pés espidos
e pechas nun anaquiño.

Cruzo o río ó outro lado
e pesco con outro fío
enganote media hora
fuxo antes do delito.

Quedaches coa tarxeta
da expulsión derretida
cando ti ainda viñas
eu marchaba do partido.

Deica outra Mona Lista
lista de parva nadería
mona da feira do mundo
ca beleza ben perdida.


sábado, 28 de abril de 2007

Arredor de min


A amistade morreu
pasei o loito
furando o mundo
atopeime soa
sempre soa.

Non, non resucita,
ó terceiro día morta
tamén ó primeiro
no segundo suspira
crendose viva, ¡probe!

Morreu a amistade
rematou o loito
pechouse o universo
atopeime libre
agora libre.







LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://us.rd.yahoo.com/mail/es/tagline/messenger/*http://es.voice.yahoo.com/

viernes, 27 de abril de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 15

LIORTAS ALLEAS

Denise mailo carniceiro xa chegaron ós malos tratos. Despertaronme onte cos seus berros. Non entendía o que berraban, pero alí ía haber unha morte se non o remediaba Deus.

Erginme e abrín a fiestra.

-Ista casa é miña -decía a miña veciña.
-Non. Denise, ti eiqui non tes nada.
-Tesme que poñer no contrato por obriga legai.
-Fixemos separacións de bens, nena.

Volvin a deitarme. Xa quedaba de novo dormida, cando os berros volveronme a despertar.

-Calade e dormide, carallo -berreille denda ventá.
-Cala ti, vella, que estás ameigada.

¡Chamoume vella! Aquela non lla pasaba. Chamei o meu Uxío ó Vaticano.

-Dille a don Bieito que teño unha meiga enfrente da casa que me acaba de ameigar con unha velles.
-Mamá, ¡por favor!
-Moi ben, dillo por favor, pero dillo agora mesmo.
-¿Sabes qué hora es?
-É noite.
-Acuéstate, mamá. Llamaré a Eva para que se pase por tu casa.
-Eu a Eva na preciso, fillo. Preciso unha axudiña do Papa. Dille que condee a Denise ó inferno por meiga. ¿Non tedes un convento en Roma con cárcere? Alí podedes metela.

Eva chegou antes co meu asistento.

-¿Para que te metes en liortas alleas, tía?
-Non me deixaban dormir.
-Heiche mercar uns tapóns pros oídos.

Quen non se meteu en liortas alleas foi o meu asistento Pepe.

-Denise chamoume chorando, duquesa. Cria que lle dera unha malleira o seu home. Dixenlle que lla dera ela.
-Fixeches ben, meu neno. O carniceiro é un home perigroso. Pode quitar un coitelo de matar os cochos e ferirte.
-Pelexaron porque o carniceiro mercou o chalé e púxoo só o seu nome.

Lembreime entón de Alexandre. Eviña segue a pintar todo o santo día. Menos mal que pinta no xardín e non fai estragos na casa.

-¿Cómo vai a empresa de Alexandre, nena?
-Para arriba coma un fogete. Firmou o outro día un contrato ca Xunta.
-A política non me gosta nadiña. Dille que se alonxe dos políticos.
-O noivo de Eva ó teléfono.

A miña sobriña colleu o inalámbrico das mans de Pepe. O corazón latexabame a todo dar. ¿Qué lle pasaría a Alexandre?

Eviña entrou na casa. Debía ser unha cousa ben seria.

-O director da sucursal de Caixa Nova non lle quere dar un crédito para mercar un coche novo.
-¿Só era iso?
-Alexandre no quere mercar cos aforros. Eu dixenlle co mercara cun leasing.
-¿Un leasing?
-Que vaia pagando cuotas atá a opción de compra.

Moito sabe ista nena. Non é porque sexa a miña sobriña, pero é moi lista de Dios. Cando chege a ser unha pintora coñecida, Galicia vai a estar na boca de todos. Han de decir en América: Galicia é o país no que naceu Eva a Picassa.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://us.rd.yahoo.com/mail/es/tagline/messenger/*http://es.voice.yahoo.com/

jueves, 26 de abril de 2007

Gaivota mariñeira


Voa gaivota paxariña
nunca pises as aceras
o teu camiño é outro
onde non xogan os nenos.

Un ceo cheo de nubes
rosas unhas outras negras
unhas traen sol ardente
outras deixan auga quente.

Unha nube de almofada
outra nube polo medio
outra máis no pé dereito
no esquerdo o sol quente.

Voa alto ó universo
alonxate cara ó ceo
a terra non é bo sitio
pras ás que buscan o vento.

miércoles, 25 de abril de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 14

VODA APALABRADA

A miña sobriña Eva puxo o grito no ceo cando lle contei o da carta.

-Lino non é o Lino que ti coñeces, tía.
-O amigo do teu tío chamabase Lino Vázquez Vilamaior.
-Hai máis San Antonios co de Agoalada, tía.
-Pois sexa Lino de Agoalada ou de outro sitio, xa sabes que existes, nena. Dixenlle ben clariño que a mellor pintora de Galicia es ti.

Mentras o Lino da galería Sete Muiños desfolla a margarida, eiqui temos moito en que divertirnos.

Nunca estiven tan visitada coma dende cos meus cartos falsos foron a parar a unha conta de aforros de Caixa Nova. Alexandre ven cada dous días a xantar. Sorte que é de bo comer, porque se pedira marisco ía ter que encher A Coruña de billetes falsos.

-Os debuxos de María Pita estrenanse dentro de quince días no Coliseum.
-¿No Coliseum?
-Precisabamos quince mil entradas polo menos.

¡Fixeron un bo miragre os meus cartos! Cine moi solicitado e moitos beneficios de Dios para todos.

-¿Cándo os casades?
-¡Tía!
-Deixame falar con iste home, Eviña. A ver rapaz, eu puxen cartos para o teu Cinema Paxariño, e ti ¿qué fas?
-Le doy el ochenta por ciento de los beneficios.
-Máis isa man para a miña sobriña Eva.

Berreille a Pepe que trouxera unha botella de champán francés.

-Pero tía,...
-Nada de peros. Rapaz, abre a botella.

Alexandre pelexaba co tapón e o tapón non saía. Arrinqueille a botella das mans e o primeiro tirón saíu o tapón, champán e bo son. A miña sobriña tapaba as orellas. Alexandre ría.

-¡Vivan os noivos! -berrei.

O meu asistento contestou ¡vivan!

-Alexandre, tomo a túa man para a miña sobriña Eva. Deus é testigo de que prometes serlle fiel, entregarlle os cartos que gañes e obedecela. Eviña, se o Nosos Señor quere, vaite amar mentras estés vivo.

Alexandre decía mi madre, mi madre. Sacudino.

-Promete o que che dixen, carallo.
-Mi madre me va a matar.
-Xa non te pode matar. Agora es da miña sobriña Eva. Os homes cristiáns ordenoulles Deus no Génesis deixar a casa da nai e ir para a casa da muller.
-Tía, eu vivo cos meus pais.
-Vas vivir na casa que merques cos cartos do teu home.

Agora estou moito máis tranquila. O casamento xa está apalabrado para o mes de agosto.

-Duquesa -dixome o meu asistento Pepe-, ise home de Vigo pode denunciala por acoso matrimonial.
-Non existe tal delito, meu neno.
-Vostede ande con coidado.

A xente moito medo ten. Eu son de dreitas, pero botada para adiante. Istes progresistas do PSOE non progresan nada. Todo se lles queda en "cuidadito que no se puede".

¿Qué delito vai ser pedirlle a man a un home? ¿Non están namorados? Pois ¡adiante! ¡Veña voda! Non hai mellor mes para casar na Coruña que o mes de agosto.

Teño que ir a falar co crego para reservar a Colegiata para o primeiro sábado de agosto.

martes, 24 de abril de 2007

Gaivota mariñeira

Torre Hercules y parapente.jpg
 
As ás peneirando o vento
planeas tellado en tellas
dun edificio a unha casa
dunha casa a un sombreiro.

¿Qué fas tola que toleas?
o sombreiro é unha cabeza
cun peinado ben postiño
peiteado cos billetes.

Maldicente con malas verbas
¡ai pobriña! ¿qué fixeches?
os dedos collen o agasallo
que tiraches dende o ceo.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

lunes, 23 de abril de 2007

Baixo o signo de Caín


O peso de Caín
dun lado e doutro.
O peso de Caín
perseguindome.
O peso de Caín
hoxe maldigoo.

Sinalada por Caín
espiñando traxectoria
con pedras na estrada
portas sempre pechadas.

O peso de Caín
xa vou vencida.
O peso de Caín
un último intento.
O peso de Caín
intento derradeiro.
O peso de Caín
¡maldito sexas!

sábado, 21 de abril de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 13

A TODO SE APRINDE

Pasei uns días de moita preocupación. Moito me arrepentin de darlle os cartos falsos o noivo da miña sobriña. O meu asistento decía que non ía pasar nada, pero eu tiña medo. Cando oía un coche, botaba a cabeza pola fiestra por se era a policía que viña a determe.

O único coche que pasou por diante da miña casa foi o do carniceiro que casou con Denise. Cheira a Galiña morta. Ise home non debe saber cos coches hainos que limpar por dentro.

O medo, en cambio, non cheira nada. Sabe a dor. Notas unha cousa eiqui no peito, que non te deixa alentar.

-Alexandre meteu os cartos que lle deches pro Cinema Paxariño nunha conta de Caixa Nova -dixome a miña sobriña.
-Pero se eran falsos... Ti ben o sabes, Eva. Expliqueiche un día como os fago.
-Sí, tía Clotilde. Non mo contes outra vez.

Foi o ñunico que aprendin nun cursiño de informática que impartiron no Fórume Metropolitanum o ano pasado. Non sei encender o ordenador, pero unha vez que mo encenden, meto folios reciclados na impresora, collo o rato coa man dereita, vou a un programiña que non vou a decir coma se chama e ¡veña!, ¡cartos ó bote!

Que ninguén entenda mal. O mestre non me ensinou a facelos; aprendin soa. Saqueille moito proveito o cursiño. Eu fun a anotarme nun cursiño de galego con diploma, pero xa non había prazas.

-Quedou moita xente fora, señora -dixome o rapaz que anotaba pros cursiños-. Coma os nacionalistas non deixan apagar os lumes se non tes o diploma do galego, ven todo o mundo o cursiño.
-Eu tamén veño polo diploma. Para o ano quero estar ben preparada por se volve a arder o monte na Zapateira.
-¿Por qué non se anota ó curso de informática?
-A min faime falla o diploma do galego para apagar o lume ca motobomba dos bombeiros. A caldeiros é moi difícil de apagar as lapas.

O rapaz dixo que non, e foi non. As prazas estaban collidas, eu se cria cursiño tiña un de informática.

-Pois anotame, carallo. Escribe con boa letra Clotilde, duquesa de Monte Loureiro.

Quedei anotada na informática e, en quince días de clase, xa sabía facer cartos mellor co gobernador do Banco de España. Agora son tan experta, que ata queren os meus cartos falsos no banco.

Aproveitando que estou en racha, escribinlle unha carta o director da sala de exposicións Sete Muiños, recomendandolle os cadros da miña sobriña Eva.


Querido amigo Lino:

Espero que a túa saude non corra perigro cando recibas a presente coma tampouco o corre a miña se Deus me axuda.

Dende que sei que tes unha galería de moita sona en Madrid, estiven cavilando nos artistas que che veñen ben para a seguinte tempada. Non teño dúbida de que a mellor pintora do momento é Eva Picassa. Ademáis é galega. Lembra que ti tamén naceches nesta terra, e tes a obriga moral de axudar os pintores galegos.

Lembra tamén que en Galicia hai praia dabondo. Nin se che ocurra ir de vacacións a Mallorca. Eiqui tamén poden vir os das revistas a quitarche fotos.

Recibe unha apreta e un bico casto.

Clotilde, duquesa de Monte Loureiro.


Aínda estou agardando a resposta. Lino foi compañeiro do meu irmán Suso na mili en África.

viernes, 20 de abril de 2007

Baixo o signo de Caín


 
 
Saín de min
voltei a min
fuxín de min
baixo o signo de Caín.

Morrín e renacín
fora de min
lonxe do mundo
baixo o signo de Caín.

Nunca voltei
saída de min
do mundo fuxín
baixo o signo de Caín.




LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

jueves, 19 de abril de 2007

Festa rachada con Hércules

 
Escribo o que me peta
vaciando a miña gaña
baila, meu Hércules, baila
ca letra nunca che falla.

O dazasete é festivo
pero a festa é rachada
dis que celebralas Letras
pero ti en inglés falas.

Nunca leches a Rosalía
só bailas as poesías
empezaches polas súas
remataches nestas miñas.

Eres o meu muso tolo
bailarín de letras miñas
disme Mariña extasiado
nun bals co ritmo perdido.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

miércoles, 18 de abril de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 12

 Recibín outra vez ao Alexandre. Veu a cear con dez mestres da Universidade de Santiago. Facía tempo que non sentaba a tanta xente á mesa. Se mal non lembro, a última vez foi cando o meu Uxío fixo misa nova na Colegiata. Rouco cria que dixera misa na Catedral, pero eu opúxenme. O meu fillo é coruñés, e un bo coruñés ten que decir a primeira eucaristía na súa cidade.
 
 Como decía, Alexandre veu a cear. Trouxo unha chea de mestres de informática para convencerme do futuro dos seus investimentos.
 
 -Galicia será el Hollywood de los dibujos animados, condesa.
 
 ¿Condesa? Ía decirlle que era a duquesa de Monte Loureiro, pero lembrei que estaba interpretando a condesa do Banco ise que non nomeo.
 
 -Haremos una serie cómica sobre María Pita.
 -¿Pos nenos?
 -Aos nenos gostanlles as guerras, tía.
 -¡Ai, Eviña! Ti queres botar a nenez dos inocentes a perder.
 -El principal público de los dibujos animados son los adultos, condesa.
 
 Na miña mesa os únicos que se animaban eran os mestres. Estaban acabando con todo o meu albariño. Excuseime e corrín á cociña.
 
 -¡Pepe! ¿Onde andas, carallo? Pecha a adega rapidiño.
 -Xo fixen, duquesa.
 -¿Cántas botellas me quedan?
 -Mellor digolle as que beberon: seis por cada mestre.
 -¡Valgame Deus!
 -Aguantan ben o viño, duquesa.
 
 Eu no tiña tan claro. Moito recei. Se a aqueles homes daballes unha volta na miña casa, era moito escándalo.
 
 -Aquí tiene el contrato para firmar, condesa.
 -¿Firmar qué, carallo?
 -Os dez millóns de euros que vai investir no Cinema Paxariño.
 -¡Ai, meu neno! O teu Paxariño quere gañar os cartos ben rápido.
 
 A miña sobriña Eva pasoume unha servilleta. Escribirá co lápis de ollos: "dalle os cartos falsos".
 
 Xa non me lembraba deles. Son os cartos que utilizo cando vou mercar. Non para pagar, senon para amosar. Pago o pan cun billete de cinco euros bos, pero saco da carteira unha presa de billetes de cincocentos. As do Gadis viranlles os ollos. Mási lles virarían se lle metera un billetiño falso.
 
 -Non fai falla contrato, meu neno. Trae isa man eiqui. Eviña, eres testiga de que eu poño dez millóns de euros no Cinema Paxariño e iste home pon...
 -O oitenta por cento dos beneficios -interrumpeme a miña sobriña.
 -Firme, condesa.
 -Chega coa man, meu neno.
 
 Os mestres puxeronse en fila para darme tamén a man. Non se tiñan en pé. Dinlles o pésame. Eles rían.
 
 -¿Vai firmar un cheque, duquesa?
 -Non, meu neno, vou a buscar os cartos á caixa forte. Eu sego os costumes de Monte Loureiro.
 -¿Monte qué?
 -Nada, neno. Non perdes nada aínda que non coñezas Monte Loureiro.
 
 O mellor que houbo en Monte Loureiro foi o meu duque. Gañou moitos cartos no exército cos fondos reservados. Eu teñoos ben gardadiños en Suiza e alí han de quedar. Galicia e máis eu, ben vivimos sen cinemas e sen Hollywood.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 17 de abril de 2007

Baixo o signo de Caín





Non me digas que non
non mo digas
deixame a Fe de salvavidas
necesito a Deus para reñirllle
pra reclamarlle o meu destino
outro destino
ten que hableo
lonxe daquelo
preto disto
que coma un río vai indo
cara a mar nai de augas
que abre unha apreta
cun sorriso de mediodía.

Deixame crer
en ise Deus
e nese Cristo.

Deixame crer no loureiro
na carreira aberta pra min
na porta última sen pecho
antes da derradeira porta.

lunes, 16 de abril de 2007

Segue a festa

Plaza de las Barbaras.jpg
 
Sempre ti ergendo torres.
Sempre eu soñando contos.
 
Ti fas pedra poesía
eu poesía con froles.
 
Misturamos letra é número
enriba das túas torres
eu poño as persoaxes
ti na Raíña atópasme.
 
¿E se bailamos, meu Rei?
¿Bailará todo o mundo?
Se non bailan tanto ten
nos bailamos polas rúas.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 13 de abril de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 11

 UNHAS CASAN E OUTRAS NON
 
  Di o meu asistento que Denise casou co barbudo. Ben podía ser que vivan xuntos sen pasar pola vicaría.
 
 -Él ten unha carnicería nunha praza de abastos.
 -Denise eche ben atrevida.
 -¿Por qué, duquesa?
 -A ise home veselle mal xenio, e se é carniceiro, a súa vida corre perigro.
 
 O meu asistento dixo que ningún carniceiro saiu no telexornal coma maltratador.
 
 -Matan o mal xenio na matanza do porco.
 -Iso será en Monte Loureiro, Pepiño, na Coruña aos carniceiros xa lle levan os porcos mortos do matadeiro.
 
 Denise deixou o negocio dos amarres pola carnicería. Todalas mañáns sube ó coche do home e vanse a facer cartos.
 
 Mira ti que rápido casan unhas e outras, coma a miña sobriña Eva, tan guapa e tan lista, non dan casado. Claro que non se pode estar na misa e no campanario á vez. Eviña atopou un bo mozo, pero di que antes de casar ten que ser unha pintora con moita sona.
 
 -A nai de Alexandre quere unha nora coñecida -dixome onte.
 -¿E a ti que che importa a nai de Alexandre? Ti casas con rapaz.
 -Alexandre non casa sen permiso da nai.
 -¡Valgame Deus! ¿Ise era o home con grandes proxectos empresariais para Galicia?
 -Unha cousa é a vida empresariai e outra a vida persoal da xente, tía.
 -Non, nena. Un home ten que vestirse polos pés, tanto fora como na casa. ¿Qué faría se veñen os ingleses a invadirnos? ¿Chamar a nai para preguntarlle se vai á guerra?
 -Por favor, tía Clotilde... ¡Os ingleses! Estamos no século XXI, non na Idade Media.
 -Viñeron unha vez, e se non fora por María Pita, seriamos unha colonia coma Gibraltar.
 -Se veñen, as de baixar ti denda Zapateira ca basoira na man.
 -E ti tamén, Eviña. Ti tampouco habías de quedar atrás a hora de defender a túa terra dos invasores que viñan a quitarche o voto e facerte escrava da Raíña de Inglaterra.
 
 A miña sobriña di cons meus coñecementos históricos coxean. En tempos de Felipe II ningún cidadan votaba.
 
 -Pero sexa coma sexa Alexandre -proseguin co que importaba -,ti pillao, Eviña. É o mellor mozo que tiveches, nena. ¡Ten cartos! Casaste con él e despois á nai que vaia a gobernar na súa casa. A empresa de capital risco levala ti.
 -Eu son pintora.
 -Serás empresaria tamén.
 
 O meu asistento chamabame. O meu Uxío estaba ó teléfono.
 
 -Hablé con don Benedicto, mamá.
 -¿Pecha o xornal do pai da Catro Demos?
 -No estamos en la Edad Media, mamá. Ya no existe la Inquisición. Don Benedicto sólo puede acusar de blasfemia a los medios de comunicación. Estamos leyendo ese periódico todos los días; cuando encontremos una ofensa hacia el Altísimo, la diplomacia vaticana tomará medidas.
 
 ¡O que é o mundo! Alexandre está debaixo da saia da nai e o meu Uxío está debaixo da sotana de don Bieito. Os homes non valen nin o que comen. ¿Qué sería do mundo se non existiramos as mulleres?
 
 Aínda hei ter que ir eu a Madrid a enfrentarme coa Sabela Catro Demos, que non deixa expoñer os cadros da miña sobriña na galería Sete Muiños.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

jueves, 12 de abril de 2007

Festa rachada con Hércules


Hola Mariña
¿qué me di Hércules?
non recoñece
quen leva os remos.

¿Cómo estás hoxe?
¿Qué lle resposto
inventa algo
vive este soño.

Ato os remos
sae unha raiola
é o meu momento
pra facer historia.

Tiro os dados
sae boa sorte
salto na lancha
bailando a música.

Hola Mariña
resposto hola
confunde nome
de lancha e moza.


miércoles, 11 de abril de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 10

 SABELA CATRO DEMOS
 
 Estiven lendo o informe dos detectives. Non hai dúbida: Alexandre é unha xoia. Dixenllo a miña sobriña onte.
 
 -Xo sei, tía Clotilde.
 -Entón se o sabes, ¿qué fas?
 -¿Qué queres que faga?
 -Anímalo para que che pida voda.
 
 A miña sobriña rise. Di que esos tempos xa pasaron. Agora as mulleres queren chegar a ser algo por elas mesmas. Volveme a falar dos seus cadros. ¡Mira que é soñadora! Atopou un home con cartos e non espabila. Se me vexo eu con vinte anos, xa estaba casada co Alexandre.
 
 -Volvemos a ter un boneco diante da cancela, duquesa.
 -Deixate de bonecos, Pepiño. ¿Non ves que estou ocupada? Teño que casar a miña sobriña.
 -Eu creo que ises bonecos están relacionados co home de Vigo.
 -¿Vas a decirme que a túa Denise nos manda a Alexandre? Se o manda, non puido mandar mellor cousa: un rapaz con cartos, empresa, boa familia,...
 -É socialista i é do Celta -di a miña sobriña.
 -Non importa, nena. Será socialista pero é rico.
 -Creo que imos a pelexarnos polo fútbol. Eu son deportivista.
 -Tamén eu. Verás que non hai problema falando de todo menos de fútbol, política e relixión.
 -De relixión temos que falar, tía. Eu os nosos fillos teños que bautizar.
 
 A min Eviña desesperame. Ten ó home da súa vida á porta, e ¿pensas que sabe pillalo? Non, ela anda a darlle voltas á noria. Aínda non casou e xa pensa nos fillos.
 
 Se lle falo da miña voda co duque de Monte Loureiro espántase. Foi moito escándalo. Os meus irmáns non me volveron a falat dende entón. Decían que fixera como unha mala muller. Nada máis lonxe da realidade. Simplemente busquei un solteirón con cartos, gostoume, gosteille e pedinlle voda a cambio de cama. En dous días arranxou os papeis para poder casarnos. Cando chegei á casa dos meus pais cun home e un anel no dedo, botáronme fora. As cousas non se facían así, según eles.
 
 Tampouco se fan como as fai Eva. Istes días anda a pintar unha bruxa con basoira de pao, sombreiro de tres picos e saia rachada.
 
 -¿Quén é isa muller? -pregunteille.
 -É a mala peroa que non me deixa expoñer na Galería Sete Muiños.
 
 Contame que se chama Sabela Catro Demos i é filla do dono dun xornal de Madrid.
 
 -Dime cal é ise xornal.
 -¿Qué queres facer, tía?
 -Pecharlle o xornal ó pai da Catro Demos. Falarei co meu Uxío para que llo pida a don Bieito.
 -¿Qué lle vai pedir? ¿Oracións?
 -¡Ai, Eviña! Ti non sabes coma funciona iste mundo, nena. Hai que morder antes que te rabuñen. Cando che dan un couce, cortalles o pescozo.
 -Non digas disparates, tía.
 
 Non digo máis. Anoto na miña axenda o asunto da Catro Demos. Ben sabe Deus, que si é ela quen lle nega unha exposición a miña sobriña Eva, eu farei todo o posible para que don Bieito chame ó embaixador a consultas polo xornal do pai. Non me importa o que escriba ise home, pero si ten unha mal filla, non pode sacar un xornal á rúa. Meten crispación no país as novas escritas por xente ruín.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 10 de abril de 2007

Festa rachada con Hércules







Hoxe hai festa
¡todos á mar!
miro se estás
eiqui ti estás.

Non penso máis
a lancha á mar
veña a remar
pra lle gañar.

Hércules rema
ondas elixe
todo arreo
é mal camiño.

¡Ai! Tropezo nel
sauda coa man
é o destino
ven paseniño.

Sego remando
él xa me segue
alza a bandeira
verde e vermella.




sábado, 7 de abril de 2007

Arredor de min


Se ti souperas
e non sabes
¡meu pobre!
mellor non sepas.

Ten fe en ti
saborea o mel
desta abella
que fai colmena.

Se ti souperas
¡ai, meu neno!
despertarías
pero non, segue.

Chupa a rosa
do monte aberto
pensas en xardín
¡meu pobre!

A rosa é de toxo
o toxo é do monte
a abella é guerreira
guerreira do monte.

miércoles, 4 de abril de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 9

  UN HOME CON CARTOS
 
 Cando vin a Alexandre entendín porque Eviña está tan namorada del: é un empresario con moito futuro. A miña sobriña gostanlle os empresarios.
 
 Alexandre bicoume a man. ¿Sería o que lle fan á condesa? A min un bico na man sabeme a rancio. Dinlle unha apreta e biqueino nas meixelas, coma sempre se fixo nesta cidade e tamén en Monte Loureiro, a terra do meu difunto.
 
 A miña sobriña falaba coma unha metralleta en cinco idiomas. Quedei abraiada. Galego, castelán, inglés, francés, italiano, catalán,... O de Vigo respostaba en todos os idiomas menos en galego.
 
 -Llevo poco tiempo en Galicia, condesa. Nací en Madrid y viví muchos años en el extranjero. Estudié en Washington.
 -¿Con unha das miñas becas? Eu mando todos os rapaces galegos a Norteamérica. Mandanme unhas postais preciosas da estatua de Libertade polo Nadal.
 -A mí me pagaron la carrera mis padres.
 
 ¡Carallo! Era rico. Deixeino falar. Canto máis me contaba, máis me gostaba para a miña sobriña. Aquel habíao que pillar. Eu estaba disposta a disfrazarme de condesa as veces que fixera falla.
 
 -Trae más langostinos, Pepe.
 -Trae viño tamén.
 
 Eviña non sabe como conquistar un home, pero eu aínda non esquencín as artes da pesca.. Se o duque de Monte Loureiro caeu ós meus pés cheo de vasos de albariño, Alexandre tamén a de madurar co mesmo viño.
 
 O terceiro vaso empezou a falar dos seus proxectos para Galicia. Quería convertirse no segundo Amancio Ortega. Emocioneime. A miña Eviña ía ter un home multimillonario.
 
 -El futuro está en las nuevas tecnologías, condesa.
 -¿Vas a mercar Microsoft?
 -Eu financio ós informáticos.
 -Xa falas galego.
 -Pouco. Mi padre es andaluz y mi madre gallega.
 -Decías que financiabas ós informáticos.
 -Teño unha empresa de capital risco.
 
 Seguín enchendolle o vaso de albariño. Eu de capital risco non sabía nada. O único que sabía, e sei, é que Alexandre ten cartos, e eu heino casar coa miña sobriña Eva.
 
 Obrigeino a quedar a dormir na miña casa. Non estaba para conducir.
 
 -En hora y media estoy en Vigo, condesa.
 -Chamame Carmela, fillo.
 -Doña Carmela.
 -Só Carmela, que es o noivo da miña sobriña Eva.
 
 O meu asistento Pepe levouno o cuarto dos convidados. Xa case non se tiña de pé.
 
 -Eviña, agora é o momento.
 -¿De qué, tía?
 -De firmar o matrimonio. ¿Chamo ó notario?
 -O notario é pra facer testamento.
 
 ¡Deus! Ista nena non aprinde. Se eu non tivera máis espabilación que ela, non sería a duquesa de Monte Loureiro.
 
 -Se me permite, duquesa,...
 -Di, Pepiño.
 -Antes de casar a Eva debe mirar de onde lle saen a ise home os cartos.
 
 O meu asitento Pepe tiña razón. Hoxe leveille o encargo a unha axencia de detectives que hai na praza de Pontevedra. Dixeronme que eu dous días xa me teñen un informe sobre o pasado de Alexandre.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 3 de abril de 2007

O amor de Hércules




Princesiña, ti namorasme
cala Hércules que non sabes
son a que te toleaba
os xoves e algún martes.

Os sábados ti agadabasme
e eu corría os teus brazos
alguns luns tamén atopabamos
algún tempo mal roubado.

Eu recordo un só día
era xoves non sei data
era mañán de mar calma
cando naufragou o barco.

Quisen nadar e non puiden
ti fuxías espantado
tiveches medo das ondas
que me saían da alma.

Quedei na area tirada
busqueite en todolos barcos
disfraceime con mil traxes
todos me quedaron grandes.


lunes, 2 de abril de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 8

 ALEXANDRE
 
 Quen tamén se namorou foi a miña sobriña Eva. Está toliña. Paso o día conectrada o Internet ise.
 
 -Eviña, filla, sae de ahí que teño que escribirlle un mail o Uxío.
 -Axiña, tía. Mi chico se va a conectar al messenger y tenemos muchas cosas que hablar.
 
 Eu escribo cos dez dedos, pero non acabo a tempo. Salta o messenger. Eva está fora pintando. ¿Por qué non votarlle unha ollada o noivo da miña sobriña? Abrin a ventaniña... Era igualiño o meu cuñado. Máis xoven, pero igualiño. Eche ven certo cas mulleres namoramonos de homes que se semellan aos nosos pais.
 
 -Deixame libre, tía. Xa está Alexandre conectado. ¿Non lle dirías nada, verdade?
 -Deus me libre. Loito non levo polo meu duque, pero aínda non lle fun infiel.
 
 A miña sobriña teclea, pon a cámara do ordenador, bica a pantalla, fala co home da imaxen. Endexmáis pensei que esta nena se namorara tanto.
 
 -Denise hoxe puxo un boneco na cancela, duquesa. Hai que ter coidado -di o meu asistento Pepe.
 -Non hei ter máis coidado cos outros días.
 -Cambiou o meigallo.
 
 Pois parece que sí. Tivemos un día ben tranquilo, sen xente depresiva á porta. Eu xa estaba cansa de decirlles que son a duquesa de Monte Loureiro e de curandeira non teño nin o nome.
 
 -Tía, tes que facerme un favor grandísimo.
 -Non me metas medo, Eviña, que o último favor que fixen saeume ben caro. Aluguei unha neveira e acabei maldita.
 -¿Invitarás o meu mozo a xantar un día distes?
 -¿E logo non llo podes levar a túa nai?
 -Xa sabes coma é mamá, tía. Se non hai data de voda no recibe.
 -Invitao cando non esté ela.
 -Papá dirialle que metin un descoñecido na casa. Xa sabes que él polo ulido sabe se tivemos visita.
 
 Accedín a invitar o noivo da miña sobriña. Hai que axudala , carallo. Ela non ten culpa dos pasi que lle tocaron. Miña irmán é máis recta cun pao de buxo e o meu cuñado non sabe defender a filla. Se ise rapaz de Vigo é unha boa persoa, ¿qué problema hai pra darlle un xantar?
 
 -Teño que pedirche outro favor, tía.
 -Pide, nena.
 -Dixenlle o meu noivo que eras a condesa.
 
 Tremaronme as pernas. Eviña decía que tiña que caracterizarme. ¿Quén pensaba que era eu? ¿Helen Mirren? Non, eu á condesa na interpretaba. Endexamáis me vestín de negro e non o vou a facer agora.
 
 -Alexandre quere coñecer á condesa. Ela pode financiarlle un proxecto empresarial moi importante para Galicia.
 -Eu pola miña terra fago o que sexa preciso, pero cartos non poño. Os investimentos hai que facelos con tino.
 
 A miña sobriña di que no teño que poñer un peso. O vestido negro mercamo ela. Eu só teño que falar de economía con Alexandre. Quitame o medo. Se soio é falar, ben falo.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

LIBROS