MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

martes, 16 de enero de 2007

Trescentas pra unha cita

Pensaba que era a única e había trescentas. Alí estaban no messenger unha tras outra nunha lista de harem virtual espallado por medio mundo.

A un mentireiro collese pronto pero ela tardou unha década, e foi a descubrirlle o dobre fondo xusto cando facían dez anos de casados pola Igrexa.

Aquela noite ían de mariscada. Chamouno. Pediulle que fora directamente ó restaurante.

-¿Tanto tardan na perruquería?
-Xa sabes cons vernes teñen moito traballo. Pero ás nove estou alí.

Ás nove empezaron a entrar mulleres pola porta do céntrico restaurante. Todas con traxe de noite atá os pés e tacóns de agulla. Un cento polo menos. As que faltaron a cita foi pola distancia. Todas estaban namoradas do seu home. Daquel home que non entendía nada nin o entendían a él. Atá o dono do restaurante protestaba.

-No, señor. Aquí no quiero peleas.
-Yo no las traje.
-Me enviaste un mensaje -decía a máis enoxada, unha rubia de bote que lle cravaba as uñas de porcelana traspasando o traxe de Armani.

A única muller que él agardaba viuno sair do restaurante no medio de todalas amantes. Non sabía se o perdoaría por dez anos de múltiples camas. Só sabía que pra él trescentas mulleres xuntas eran unha multitude insoportable.

LIBROS