MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 5 de enero de 2007

A ventá da cociña

 Na miña casa os Reis Magos entraban pola ventá da cociña. Eu estaba disposta a abrirlles a porta de par en par pero miña nai insistía en que as Maxestades non me precisaban de porteira voluntaria. Desposi de amosarme a ventá aberta mandabame pra cama sen dereito a réplica.
 
 Eles tiñan a miña carta no seu poder e aquela noite chegarían sen facer ruido e sen deixarse ver. Nen sequera lle podería dar unha aperta de súbdita agradecida.
 
 De todalas cartas que lles escribin ou fixen escribirlles lembrome dunha. Tería eu cinco anos. Miña nai mercou na librería un papel cun sobre a xogo. Empezaba cun "Querido Reyes Magos" e seguía con liñas paralelas pra escribir recto con boa caligrafía. Eu escribin a miña lista dos desexos de xogetería, engadindo un libro dos Cinco que xa entón non me podía faltar. O que eu nunca escribía ou mandaba escribir era iso de "he sido una niña muy buena". Supoñíase ¿ou non?
 
 Os Reis Magos tamén chegaron aquela noite. Despertei cedo e saín ó pasillo. Alí, diante da porta, estaban os paquetes con papel de xogetería da calle Real e dunha coñecida librería. Pero o agasallo que máis me ilusionaba eran os cartos que semantaban os Reis Magos por zapatos e zapatillas. Aquel ano os Reis andaban mal de monedería e botaron billetes. Corrín á cociña a darlles unha aperta pola súa xenerosidade. Alí estaban discutindo se fixeran ben ou mal. ¿Qué ía facer unha nena de cinco anos con tantos cartos? A miña raíña respostou: metelos no banco. Foi o que fixen.
 
 Viñeron outros días de Reis Magos trocando os xogetes por máis libros. Sempre libros. Sen esquencer a semente verde por zapatos e zapatillas pra mercar o futuro a través dunha conta de aforros nun banco. A ventá da cociña xa non se lle abría ós Reis. Non facía falla. Eu habíalles aberto a ventá do meu corazón.

__________________________________________________
Correo Yahoo!
Espacio para todos tus mensajes, antivirus y antispam ¡gratis!
Regístrate ya - http://correo.yahoo.es

LIBROS