LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 30 de abril de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

Quero que sintas a miña apreta
nestas verbas ceibes cando a noite
asoma o fuciño pola fiestra.

Desperta e vive,
volta a ti mesmo.

Eu serei a rosa que te agarde
con meus pétalos cheos de poemas.

Vive e desperta
de ti a ti mesmo.

O carreiro chegará a ser camiño,
o camiño a autoestrada tamén chega.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

martes, 22 de abril de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

Unha rosa dis que son
no xardín que ti pintaches
i eu sinto que son rosa
cando rosa ti me chamas.

Das miñas mans saen dedos
nos que rematan as prantas
poñéndolle unha verba
ao que o corazón me canta.

Vou medrando cada día
ao carón do meu cantante
mentras penso se a rosa
chegará a ser bicada.

No xardín hai outras froles
as que ti nunca lle falas,
só tes conversa pra min
e sorrisos pros meus cantos.

jueves, 10 de abril de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

Non me sorprende
ista chuvia na sequía,
non, xa tocaba chover
despois de días secos
co sol de estrela,
faro alumeando
camiños sen meta
neste presente eterno.
 
Chove, pero non molla,
tanto ten se chove
ou non chove ágora:
é tarde, tradísimo,
xa non importa.
 
O serán vai caendo,
mañan caerá outro;
tamén quizáis chova.
Non importa ista chuvia,
non, non me importa.



¿Con Mascota por primera vez? - Sé un mejor Amigo
Entra en Yahoo! Respuestas.

viernes, 4 de abril de 2008

Fillo da lúa

Non miredes os meus pés
nin os zapatos que levo
nin as pernas que me levan
lonxe por aquí moi cerca.
 
Mirade para ise neno,
fillo da lúa que teño
de bombilla toda a noite
cando o sono non me vence.
 
Ise neno no o vedes
para agarimalo a apretas,
só o vedes para darlle
coa porta na probeza.
 
Meniño fillo da lúa,
non sei coma a ti quererte;
chorando es unha dor,
rindo es un anxo verde.



¿Con Mascota por primera vez? - Sé un mejor Amigo
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 24 de marzo de 2008

Tovadora de min, trovadora de outos

Bicarte é sentir
o corazón latexando
dentro do peito,
aló ó fondo,
moi fondo,
onde o sangue pide
máis, sempre máis
bicos.
 
Non deixes de bicarme
ningún día,
ningunha noite,
ningún minuto,
ningunha hora.
 
Preciso sentir o corazón
latexando por ti
i a cabeza bébeda
de irracional amor
en cada bico
que pide máis
bicos.



Enviado desde Correo Yahoo!
Disfruta de una bandeja de entrada más inteligente..

lunes, 3 de marzo de 2008

Fillo da lúa

Vos deixades ó orfo
máis orfo que está
dandolle coa porta
na necesidade.
 
Non queredes ver
a fame na boca,
os dentes mordendo
o sorriso morto,
nin isa camisa
rachando sudores.
 
Mirades o espello
e dadeslle as costas
decindo: ahí queda
o trepa do norte.
 
Quen fica no chan
é o fillo da lúa.
 



¿Con Mascota por primera vez? - Sé un mejor Amigo
Entra en Yahoo! Respuestas.

sábado, 1 de marzo de 2008

Fillo da lúa

Calade e escoitade
isa voz media afogada.
Pode ser Cristo resucitado
chamando á porta
e vos pechadeslla.

Abrídelle a porta
sen preguntarlle
se ten cartos dabondo
ou ven co peto fraco.

Abrídelle a porta
aínda que non sexa
o Noso Señor Probe
o que vos ven falando.

Eu xa lle teño aberto
o peito pra deitalo
cando orfo de vos
veña para os meus brazos.



¿Con Mascota por primera vez? - Sé un mejor Amigo
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 19 de febrero de 2008

Gaivota mariñeira

Non sei como podes voar,
gaivota miña,
cando ven o vento racheado
e eu fico
tirada
sen folgos
vencida.
E ti voas como un soño
voaría unha noite aluada
alto
moi alto
sempre enriba de min
alonxándote da miña derrota.



¿Con Mascota por primera vez? - Sé un mejor Amigo
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 4 de febrero de 2008

Gaivota mariñeira

Segues voando, gaivota,
enchendo o ceo con soños
que na terra xa están mortos.

Ti soñas realidades
mentras eu vivo tristuras
da que quere e non pode.

Hoxe vou soñar
que son gaivota e voó
lonxe, moi lonxe, tan lonxe
coma ti, gaivota miña, voas.

Hoxe vou abrir
a fiestra pechada aos soños
dunha porta aberta para min
e para os donos dos soños mortos
neste carreiro estreito e duro.


miércoles, 30 de enero de 2008

Gaivota mariñeira

Ninguén foi
pero alguén foi
o que tirou a matar
ferindote no crer
a túa boca calar.
 
Non cales,
gaivota miña,
non deixes o teu piar.
 
Ninguén foi
pero quixeron
a túa boca calar.



¿Con Mascota por primera vez? - Sé un mejor Amigo
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 29 de enero de 2008

Gaivota mariñeira

Abraiada quedei
o saber que era eu
a gaivota ruin.
 
Eu era a que piaba
nas beirarúas
unha cantiga
que non gostaba aos señoritos.
 
Eu era a convidada
sempre de máis
nas mesas ricas
cun vestido sen moda
e un peiteado ao meu estilo.
 
Agora son un adeus
con pernas cara a porta
do deica nunca, amigos,
ista gaivota voa.



¿Con Mascota por primera vez? - Sé un mejor Amigo
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 22 de enero de 2008

Gaivota mariñeira

Hoxe as miñas mans
son mans túas
o meu cabelo ó vento
é o manto que te cubre
agarimando o teu corpo
tan ferido
tan doente
tan canso
¡tan meu!
Porque eu máis ti
somos só unha,
gaivota miña,
poeta túa,
eu son o alento ceibe
que te erge de min,
gaivota miña,
ti, o meu espello
neste mar de bágoas
que non choro.



Web Revelación Yahoo! 2007:
Premio Favorita del Público - ¡Vota tu preferida!

lunes, 21 de enero de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

A soidade bica
os meus minutos
facendoos séculos
nun só segundo.
 
Vaite, soidade,
alonxate.
Deixame.
Fuxe.
 
Eu non quero bicos
do silencio imposto.
Non, nos quero.
Non, nos busco.



Web Revelación Yahoo! 2007:
Premio Favorita del Público - ¡Vota tu preferida!

miércoles, 9 de enero de 2008

Nadal 2007, 2

Soñei que nacía o Neno
nun portal do Corte Inglés
e alí fun un domingo
para adoralo eu tamén.

¿En qué puedo ayudarla?
preguntoume unha muller
con traxe de empregada
de "yo la ayudo a usted".

Axudeme a chegar a Deus,
dixenlle baixiño eu
para que non me oíran
os que non crian en Él.

Aquí tiene al Niño Dios
en el portal de Belén.
Con luces vale cien euros,
sin luces los mismos cien.

O Meniño daba pena
cun prezo colgado ó pé
i a Virxen tiña cara
de dor por todo o que ve.

¡Cántas bolsas vía a Virxen!
¡Canto derroche vin eu!
Alí o que non gastaba
era por euros non ter.

A casa pola ventá,
a ventá rachando a Visa,
a Visa sudando cartos,
os cartos ían fundidos.

O Deus que alí adoraban
era o din caballero,
o poderoso don Carto,
o demo tentacarteiras.

Fuxín cando xa sentía
a tentación na carteira
salvada pola ollada
do Neno atado ó prezo.

sábado, 29 de diciembre de 2007

Pisando forte

Fuxiches, amor,
como fuxiron
os que me amaron
ata o delirio.
 
Todos bicaron
a poesía
e alarmaronse
coa prosa escrita.
 
Fuxiches ó saber
que teño prosa.
 
¡Meu probe!
 
Eu son verso e prosa,
un rego que non rima,
unha rima que chora,
un choro sen un pano,
un pano nunca enxoito.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 10 de diciembre de 2007

Nadal 2007, 1

Todos van tras a estrela
que atopan i eu non atopo.

¿Onde está isa estrela?
¿Onde o corpo esconde?

Corro tras os que me adiantan
e chego diante de todos.
Alí está o Meniño
espido de todo luxo.

Eu fico ollando o Neno,
os outros camiños corren
mercando en cada tenda
anacos de Noiteboa.

Eu xa non merco anacos
envoltos en papel ouro.

Eu xa non quero consumos.

Eu xa non quero máis luxos.

viernes, 7 de diciembre de 2007

Pisando forte

Vou pisando forte
todos os infernos.
Para atrás hai nada,
para adiante hai menos.
 
Pero eu cara adiante,
cara adiante sempre,
vou pisando forte
co alento quente.
 
Que Deus non me diga
o que eu non quero
nin faga promesas
nas que xa non creo.
 
Vaite, Deus, e deixame
no camiño ateo.
 
Vaite, Deus, cos outros,
cos que axudas sempre.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 4 de diciembre de 2007

Pisando forte

Abaixo non es nada
arriba es princesa
veñen a adorarte
como a unha estrela.
 
Chamanche raíña
dinche que te queren
pero se ti caes
caida ti quedas.
 
Fuxe o namorado
coma se o demo
viñera a buscalo
para outra estrela.
 
Vaite e non volvas
fuxe desta leira
para ti non hai
bicos na colleita.
 
Despois dos xaneiros
veñen os setembros
enchendo os hórreos
que estaban baleiros.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Non te apoio.
Grazas.
Grazas polo apoio
do non do agasallo
i do sí que roubas.
 
Subirei ó monte
i de alí as nubes,
das nubes caerei
en chuvia de outono.
 
Eu serei o abono
da colleita morta
antes da semente
destes meus sudores.
 
Non me apoias.
Grazas.
Grazas polo apoio
do non que recollo
nun eu sí me apoio.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

viernes, 30 de noviembre de 2007

Amor ceibe

Un río nos separa
en dúas veiras.
 
Eu na primaveira
peiteando días
con soños de verán
lonxe do outono
no que ti estás.
 
¿É posible amar
atando novembro
a risas de San Xoán?
 
Todo é posible
se se quere amar,
ata cruzar ríos
que son coma o mar.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 27 de noviembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Para abaixo din que caes
cun sorriso piadoso.
Para arriba din non subas
amosando os dentes todos.
 
Rezan rosarios cos dentes
por cada paso que subes
e cando o camiño deixas
dinche aquí ti xa sobras.
 
Tampouco fai falta Deus
se lle preguntan a moitos
i Deus fixo unha casa
para acollernos a todos.
 
Homes, mulleres e nenos,
mozos, vellos e máis novos
ricos con moitos billetes
e probes no Ceo collen.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

A fame nos dentes,
a rabia na boca,
os ollos ardendo,
as mans dando a volta.
 
¿Quén é o que se atreve
a chamar á porta
pedindo os papeis?
 
Eu non os preciso
para hoxe comer:
se non hai non como,
se hai comerei.
 
¿Quén é o que se atreve
a pedir carnés
co nome escrito
sobre o papel?
 
O nome no escribo
en ningún papel
levoo escrito
nestas mans que ves.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 15 de noviembre de 2007

As derradeiras verbas

¿A qué vides
se non falo?
Vos rezades padrenuestros
que non podo respostaros
con unha avemaría
sempre libre de pecado.
 
¿A qué vides
se non teño
cartos para contentaros?
Pedides con oracións
uns milagres que non fago.
 
¿A qué vides
a encher
o camposanto de bágoas?
Deixadesme o corazón
de bágoas anegado.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

As derradeiras verbas

Fun unha estrela esquencida
nun ceo cheo de estrelas
i quero que isto quede
pintado sobre unha pedra.
 
Eu era a estrela poeta
a que pintaba as verbas
acochando o meu nome
nun leito de follas feito.
 
Ali deixo a miña alma
vivindo en cada verso
dos poemas que navegan
ceibes pola mar da Rede.
 
Que a SGAE non vos cobre
no meu nome os poemas.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Pisando forte

Teño que poder
erger a torre
chegar arriba
erger o brazo
decir nun berro
eu era ela
a que escribía
en prosa e verso.
 
Eu era ela
a que choraba
en cada poema
as bágoas mortas
en ferro quente.
 
Eu era ela
a que espallaba
verbas no vento
para que a mar
fora o seu berce.
 
Eu era sempre,
sempre a poeta.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

LIBROS