LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

domingo, 2 de febrero de 2025

Herminia ruin

Loitei coas miñas mans.
Loitei coas miñas uñas.
Loitei debaixo dos ventos
que Herminia trouxo tolos.

Loitei esquecendo guantes.
Loitei esquecendo o corpo.
Loitei pensando que era
o fin deste noso mundo.

Loitei como a muller
nai das paredes sinxelas.
Loitei como a que quiso
un cortello como a un neno.

Loitei e sei que perdín...
Eso din os que miraban
como esta muller non baixa
as mans espidas de cartos.

Loitei. Digocho ben alto.
¡Loitei e sego loitando!

----------------
VESTIDO DE INVERNO MODA VAQUERA: https://amzn.to/3PXaPT0 

LIBROS