LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 4 de julio de 2014

Amando en verso

Estaba soa falando
mentras ti non escoitabas
as verbas que me saían
dun corazón aillado.
 
Ti estabas a pensar
na outra que xa deixaras
coma o home atado
á outra pata da cama.
 
Fun fuxindo eu tambén
i fiquei en unha nada.
Contigo estaba soa.
Sen ti máis soa estaba.
 
-------------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/

LIBROS