LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 3 de abril de 2014

Muller soa

Desembarquei do meu papel de princesa
cando non había príncipe
nin cabaleiro na eira.
 
Era unha muller soa
no castelo dun inferno
escribindo en cada folla
das árbores pensamentos.
 
Chegou a chuvia para bailar nas tellas
e sentinme mollada
polas nubes vivas
no chan lavado
do meu castelo.
 
-------------------
http://diariodeunamissculta.com/
NIN CULTA NIN MISS

LIBROS