LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 7 de marzo de 2014

Yolanda poeta

Eu son a Yolanda que escribe
os versos máis negros i tristeiros,
a poeta que anda polo fondo
da mar onde morren as poetas.
 
Non quero escribirlle á ledicia
dun intre cheo nos baleiros.
 
Non quero botar pola ventá
o sorriso morto entre os dentes.
 
Non quero soterrar bágoas miñas
nas festas onde brincan panderetas.
 
Non quero esquecer tanta dor
como sinto hoxe nesta eira.
 
-------------------
http://tiendacoruna.blogspot.com/

LIBROS