Din que son parva
os que afondan en min
buscando un eu desequilibrado.
Eu digo que son pantasma
cunha ferramenta rápida:
estas verbas ceibes miñas.
Son poeta, moi poeta,
a poeta, a pantasma.
------------
POESÍA E RELATOS EN LINGUA GALEGA