MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 6 de julio de 2011

Cancións con prezo

 
Cando chegou só traía
respostas para acalar
as preguntas que escribía
unha fada no fogar.
 
Invertiu tempo nas horas,
prantou minutos no tempo,
cun segundo fixo un nú
na man que deixei aberta.
 
Púxolle prezo as cancións
que naceron dos poemas
escritos con istes dedos.
 
A pesar de tanta loita
o vento arrancou as letras
i caeron polas leiras
chorando penas, só penas.
 
------------------

LIBROS