LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 5 de marzo de 2011

Ti fuxías de min

 
Cheguei ao final
e non estabas,
volvín ao principio
e atopeite.
 
Atropeleime coa presa
de ter protagonismo
na nosa novela.
 
Ti fuxías,
eu seguía,
ti non viñas,
eu estaba.
 
¡Cánto tempo perdido
entre liñas escritas
a catro mans!
¡Cánto!
 
-------------------------------
 
 
 
 

LIBROS