![]() Abro a fiestra i vivo no campo sen cancelas, aquí ninguén te bota fóra da túa leira. Enredome na Rede con verbas e máis verbas, brinco de unha páxina noutra que xa invento. Iste é o mundo libre que eu quero atesourar na miña realidade. Iste mundo sen portas é o que non atopo na miña realidade. |
sábado, 23 de mayo de 2009
Eu, a poeta
jueves, 14 de mayo de 2009
Eu, a poeta
![]() Aíllome do mundo adentrándome en min ata que me esquecen os que están a vivir. Eu estou nunha cárcere da que non sei sair. Sempre catro paredes. Sempre o mar de fin. Mañán, moi caladiña, deixareime fuxir pola ventá que abro para chegar a ti. Nun teclado alleo os meus dedos camiñan por letras que escribiron antes do sol caer. |
martes, 12 de mayo de 2009
En dúas linguas
Me clavo y desclavo de la cruz de tu amor cuando veo en tus ojos escrito el adiós. Ti xa non me queres, eu quero seguir coas lapas máis mornas ardendo por min. Cravada na cruz toleo por ti, non quero cambiarte por outro sentir. Prefiro os cravos feridos de fin a uns cravos novos aínda por ferir. Por eso me quedo pegada a las sábanas cuando tu ausencia rellena la cama. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)