MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 29 de diciembre de 2006

Promesas para un ano novo

-Pro ano deixo de fumar. Nin un pitillo máis.

Andrés cala. Él perde o tempo doutras maneiras, simplemente deixa que pase sen cavilar no que vai facer.

-Ti podías prometer rematarla ESO dunha vez -dille a nai.
-¿A quén llo prometo?
-A min, a ti mesmo,... a quen queiras.
-Podese vivir moi ben sen a ESO.
-¿Onde pensas traballar sen un título académico?

Andrés pensa. Coñece a moita xente que traballa sen título algún. Nerea, por exemplo, deixou o intituto e atopou traballo nun supermercado. Ricardo tamén traballa sen necesidade de ningunha ESO. É camareiro.

-Podo traballar nun supermercado.
-¿De carniceiro?
-Non. Negome a vender animais mortos. Pero podo ser repartidor.
-¡Válgame Deus! Eu avogada do Estado e o meu fillo quere ser levarecados. Estuda, Andrés.

A nai prende un cigarrillo co cigarrillo rematado. Un tras outro. ¿Engordará cando deixe de fumar? O xuíz dixolle que lle gostaba. A nai quere darlle unha nova oportunidade ó amor. O seu ex xa casou fai un ano, ela non vai ser a viuva dun vivo.

-¿Qué me vas regalar polo Nadal?

A nai suspira. ¡Qué latazo! Terá que achegarse ata o Corte Inglés.

-¿Ti qué queres? Espera... Anotamo eiqui neste papeliño.

Andrés enche un folio polas duas caras. Entregallo. A nai gardao no bolso de man sen lelo. Os cartos non son un problema.

LIBROS