LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

martes, 29 de enero de 2013

O non

 
 
Na escuridade don non
abres un oco.
Pensas que ti
xa estás fora.
Pensas que eu
estou de bruxa
da intelixencia parva
na escuridade tonta.
 
-----------
TAROT GRATIS
TAROT O SI O NO

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Así ando, así canto

 
As cancelas de barreiras,
os camiños sen atallos,
unha bolboreta chora
atada ao pé do tallo.
 
Dígolle cousas ao gato
e xa lle cheira o que falo
porque o meu gato ten
unha crise no traballo.
 
Así ando, así canto,
así choro, así falo,
así son sempre pantasma,
así teño o cú furado.
 
--------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/
http://tiendacoruna.blogspot.com/

lunes, 24 de septiembre de 2012

Dime espelliño dime

 
Reinvento a miña imaxe
nun espello que non son.
Ti ollarás o que queiras.
Eu verei a que non son.
 
Dime espelliño máxico,
¿son a mesma ou non son
a pantasma que escribe
cando chora o acordeón?
 
Dime espelliño ti dime
si esa que ves son eu.
Semellarse a min semella,
pero ela eu non son.
 
-----------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/
http://tiendacoruna.blogspot.com/

viernes, 4 de mayo de 2012

Miseria

Sinto o outono
achegándose a min.
Miseria.
Nada.
Berros.
Volvome tola
neste espectáculo
de verbas ceibes.
 
 
-------------------

martes, 17 de abril de 2012

Eras unha festa

Era xaneiro, lembro,
e ti eras o elixido.
Exploreite.
Aprendin a coñecerte
i deixei que coñeceras
os meus xogos arriscados.
Negociaba a noite
ata que me atopaba o día
chegando al mellor: ti.
Era unha festa terte.
Despois... nada.
Adeus.
Nada.
Cambiei.
Non houbo máis elixidos.
Xa non.

sábado, 31 de marzo de 2012

Perdera...

 
Gañaba.
Perdías.
Xogaba o coche.
Corría o risco de perder.
Perdía.
Gañabas.
Xogaba o anel...
¡Imprudente!
Unha gorxa estourou
cando o meu anel foi teu.
Perdera...
Outra vez.

martes, 27 de marzo de 2012

Marchei na túa Harley vella

Ti non estabas.
Eu atendía as uñas i pensaba...
Fóra pechaba a última tenda.
Ti xa estabas.
Eu atendía as túas queixas.
Fóra deixaras a Harley vella.
Ti aínda seguías demorando o tempo.
Eu estaba na hora de decidir...
¡Voume!
¿Qué?
¡Voume!
Marchei na túa Harley vella
lonxe, lonxe, lonxe,
moi lonxe.

lunes, 5 de marzo de 2012

A cabeza nos pés

 
A cabeza está nos pés,
o corazón xa non está,
as mans bailan polo corpo,
ti dúbidas se hai máis
novidades neste xogo
cos dous estamos a xogar,
enchendo de fantasía
a noite por rematar.

viernes, 2 de marzo de 2012

Non estou agarimosa

 
Adiante, ide pasando
polo arco dos desgustos.
Non hei de ser eu a única
muller co pano que chora
as bágoas que non boto.
 
Ide pasando, carallo.
Non estou agarimosa.
Hoxe teño o coitelo
como a garabata posto.
 
A xente que me rodea
ven a abellarme as rosas
e tolean ao ver tantas
espiñas neste meu corpo.
 
Ide pasando axiña
que a tolemia tenvos tolos.
 
A xente xa se decata
de  que son rosa obrigada
a estar na beira do monte.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Ao tolo, ao tolo

 
Ao tolo, ao tolo
imos os dous polo mundo.
Ti vas de misión á lúa,
eu fico detrás da porta.
 
Adiantas un pé ao outro,
deixas camiño andado.
Eu liquido o verán
apoiando causas doutros.
 
¿Xa ves ti, meu namorado?
¡Qué ledicia! ¡Xa na casa!
Pensei que me traizoabas
coa lúa noutra cama.

martes, 24 de enero de 2012

Eu son a raíña

Raíña de min
e da miña traxedia,
lonxe das coroas,
preto de min mesma.

Loitando por cousas
vou perdendo o tempo.
Veñen novas penas,
enganos e misterios.

Revela a lúa
as páxinas negras
neste bo momento
para esquecelas.

Os bicos viaxan
a mundos alleos,
os couces xa enchen
castelos enteiros
onde non me atopo,
onde son o demo.

lunes, 23 de enero de 2012

Palabras cheas

 
Nun cartei vai o meu nome,
nas paredes os poemas,
o que non dixen escribindo
ficou dentro do silencio.
 
Non cambio o que calei
por tantas palabras cheas.

jueves, 5 de enero de 2012

Unha ninfa, unha noiva

 
Quisera ser noiva,
ou ninfa, ou monstro.
 
Quisera ser muller
de viaxe en viaxe.
 
Quisera darche as grazas
collendo a túa man
coas miñas mans xeadas.
 
Quisera abrir concurso
á idea máis festeira
para darche de premio
unha ninfa, unha noiva
i ao monstro de dentro.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Polos camiños dos pobres

 
No meu ceo hai de todo,
pero non cabe a envexa,
os cartos teñen cadeira,
o amor ventá aberta.
 
No aparcadoiro teño
soños pedindo esmola
ás necesidades ceibes
que andan de rúa en rúa.
 
Empurro a miña vida
polos camiños dos pobres
e a miña alma quere
beirarúas con máis ouro.

viernes, 25 de noviembre de 2011

Un bo feixe de dúbidas

 
Recollín as miñas dúbidas
e viaxei cara as tús.
Imposible foi sumalas;
liquideinas nunh poxa,
na que o comprador pedía
preguntas e non respostas.
 
Ahí levas un bo feixe,
pensei cando din a volta.

viernes, 18 de noviembre de 2011

Un noivo neoiorquino

Teño un noivo neoiorquino,
fillo dun conde con cartos
ao que lle gustan o queixo,
os callos i o tabaco.
 
Fuma tanto como fala
das finanzas vaticanas
e deixa o botafumeiro
cando os espíritos cantan.
 
Un día gañou un premio
por innovar no traballo
i pensei que xa morría
o mesmo fin de semana.

martes, 15 de noviembre de 2011

Crise fóra e dentro

Preciso afastarme de min
i desta vida imposíbel.
 
Non podo.
 
Non.
 
O meu tempo está cheo
cun traballo que me mata.
 
Crise teño fóra e dentro.
 
Non podo.
 
Non.
 
Estou esgotada
i non sei saír
do límite dos meus límites.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Vida debullada

 
Debullo a miña vida
nunha historia chea de dúbidas
onde as preguntas
non teñen respostas.
 
Non esperes emocións
neste conto que che conto,
que está na miña fronteira
con inimigos dabondo.
 
É unha vida estafada
na perigosa existencia
de quen quere un anaco
i non lle dan pan pos dentes.

sábado, 5 de noviembre de 2011

Medo epidérmico

 
O meu futuro é crise.
Non hai cambio.
Todo negro.
A longo prazo só teño
un tunel crebacabezas.
Retrata a realidade
iste medo que xa teño.
Medo epidérmico o meu,
poderoso sentimento.

viernes, 4 de noviembre de 2011

Nace a ledicia e morre

 
¿Felicidade?
Pouca.
Nace a ledicia
e morre
aínda pequena.
Protexo o momento
coas mans frías.
Tapo un intre.
Gozo.

viernes, 30 de septiembre de 2011

Lonxe de min

 
Lonxe de min os imbéciles,
non vos quero de min preto,
alonxaros para sempre.
 
Se en Marte tedes sitio
non veñades para a Terra;
alí tamén hai safari
para correr tras al lebres.
 
Tan valentes sodes vos,
desapiadades xentes,
todos xuntos contra min.
¡Hai qué medo, hai qué medo!
Esperto coas gargalladas
nas que amoso os meus dentes.
 
 

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Ide temendo

 
Iste incendio mata e non morre
no vertedoiro onde xa caín.
Ven subindo o lume polo corpo
envorcando lapas nesta pel.
 
Estoy ferida, pero aínda non morta.
¡Escoitade traidores e ladróns!
Ista árbore que vedes ten alento
e mancada podera con vos.
 
Ide temendo a miña man.
 
Ide temendo a vinganza que ven.
 
Ide temendo a pedra que caerá.

viernes, 26 de agosto de 2011

Relato: A nai de Brais

 


  Hai  só un ano a miña vida era moi distinta. Avións, tempo morto nos aeroportos, moito café bocadillos, pizza,… Non pensaba ser nai. Brais foi o resultado dunha noite de abrazos cómplices e risas nerviosas cun descoñecido. Eu non cria un fillo. Tiven medo, moito medo ao saber que nuns meses cegaría Brais, pero non pensei no aborto.

  Un fillo.

  Un fillo meu.

  A idea empezou a excitarme, a emocionarme, e empecei a despedirme da miña antiga vida. Ía cumplirse un soño: ter un fillo.

 Cambiei de traballo. Non cria arrastrar a un meniño polos aeroportos nin deixalo orfo. ¿Qué sería de Brais se me mataba unha bomba en Afganistán ou nalgunha outra guerra? Os meus compañeiros chamaronme tola por crer ser nai antes de reporteira das guerras do mundo. Eu tamén pensei que estaba tola ata que vin a Brais baixo a luz do hospital. ¡Un fillo! ¡Un fillo meu!

 Unha bágoa de emoción caeu sobre a súa cabecita. Brais mamaba por primeira vez do meu peito. Éramos dúas metades tocándose. Brais apropiabase da teta. Eu apropiabame de Brais. Xa non era un deserto, unha muller soa. Era a nai de Brais.

 O leite saía como o auga do grifo: sen dor. Lembreime da fonte que había preto da casa dos meus avós. Eu era como a fonte, Brais como o río que se ía enchendo d vivía de min. Vida, ali había vida, pensei, i sentinme empequenecida mirando ao meu fillo, ao meu meniño benquerido.

 Chegou unha enfermeira decindo que non lle dera máis leite. levou a Brais a facerlle non sei qué proba. Aos nenos sempre lles fan probas. Volveu a traelo. Brais empezaba un ir e vir que non remataría ata que nos deron a alta.

  Xa na casa, volvín a disfrutar da verdade de Brais e a deixalo disfrutar nos meus peitos cheos de leite para él. Brais quedaba moitas veces dormido coa boquita enganchada na teta. Eu deixabao estar. O meu neno estaba soñando preto do meu corazón de nai. Eu estaba a vivir un soño con el sobre o meu peito.

martes, 9 de agosto de 2011

Fun caendo pouco a pouco

 
Noite tenebrosa
coas estrelas estalando
fóra do control do sol.
 
Busquei a praia.
Non estaba.
 
Estábamos eu e elas,
as estrelas, soas.
 
Busquei o mar
e só vin o espello
descolgado do ceo
onde as estrelas saían
enchendo illas mortas.
 
Quisen saltar a unha illa,
pero non puiden,
e fun caendo, pouco a pouco,
no meu acantilado
sen morrer.

miércoles, 3 de agosto de 2011

Fermoso amor o noso

Para ti fun unha sorpresa,
para min fuches unha viaxe
de aquí ao eu extranxeiro
dun eu que non era grande.
 
Un novo proxecto.
 
Unha oportunidade.
 
Unha crenza en algo.
 
O problema final.
 
Fumos o exceso do amor
que foi morrendo de resurrección.
 
Fermoso amor o noso
na túa sorpresa
e na miña viaxe.
 
------------------
 
 

LIBROS