LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 13 de junio de 2025

Mulleres

Somos mulleres fuxindo
dos homes que non queremos.
Corremos sen que nos pillen.
Falamos como queremos.

Os homes que non nos queren
seguen nas casas sen día
para ir collendo a porta.

Por iso fuxo e fuxes.
Por iso estamos tolas.

----------------
LEGGINS PARA O VRÁN NA CORUÑA: https://amzn.to/4jKEsDn 

sábado, 17 de mayo de 2025

Día das letras galegas das mulleres da pandereta

Chamábanse 
Adolfina,
Eva, 
Adela, 
Teresa,
Prudencia,
Asunción,
Manuela...
e non sei se esquenzo
algún nome destas
mulleres que cantan
en festas de aldeas.

O que non esquenzo
e nomear outras
máis anónimas elas:
as nosas avoas,
as da pandereta.

Lembro as mulleres
que facían festa,
sen rifas nin cartos,
coa pandereta.

As nosas avoas
loitaban coas mans
cheas de traballo
ata o seu final.

Collamos, mulleres
do mundo actual,
vellas panderetas
para protestar.

Sigamos a festa.
¡Temos que loitar!

---------------
VESTIDO DE VERBENA corto, con volantiños, manga corta e ben estampado: https://amzn.to/4kizv5q 

sábado, 8 de marzo de 2025

Muller un 8 de marzo

Un 8 de marzo
son a mesma muller
que fun onte e antonte
e que mañán eu serei.

Seguirei a loitar
por facerme valer,
berrando cando berro
para que escoiten ben
os que teñen tapadas
as orellas e os pés.

Pero hoxe é o oito,
e tamén o digo eu:
¡Son muller!

-------------------
XOIAS PARA OS NOSOS DEDOS de mulleres traballadoras: https://amzn.to/3DCMzmm

domingo, 23 de febrero de 2025

Mulleres na praia

Volvin a praia
cun bañador azul
dunha talla máis grande.

Facía frío
e chovía,
pero eu volvía a praia
sen importarme nada
que non fora a praia,
a miña praia,
a praia da miña nenez,
a praia de miña nai,
Riazor.
Sempre Riazor.

Deixei ca chuvia caera
por min abaixo
e deixei cas ondas caeran
por min arriba.

Lonxe, chamaban a policía
porque unha tola estaba
nadando cun bañador azul.

---------------------
BAÑADOR REDUCTOR azul e doutras cores: https://amzn.to/3EU5ee0 

domingo, 2 de febrero de 2025

Herminia ruin

Loitei coas miñas mans.
Loitei coas miñas uñas.
Loitei debaixo dos ventos
que Herminia trouxo tolos.

Loitei esquecendo guantes.
Loitei esquecendo o corpo.
Loitei pensando que era
o fin deste noso mundo.

Loitei como a muller
nai das paredes sinxelas.
Loitei como a que quiso
un cortello como a un neno.

Loitei e sei que perdín...
Eso din os que miraban
como esta muller non baixa
as mans espidas de cartos.

Loitei. Digocho ben alto.
¡Loitei e sego loitando!

----------------
VESTIDO DE INVERNO MODA VAQUERA: https://amzn.to/3PXaPT0 

LIBROS