LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 27 de junio de 2008

Pisando forte

Outra vez síntome ferro
co corazón encollido
pisando forte as lousas
dun camiño percorrido.
 
Xa coñezo ista chuvía,
tamén coñezo a sombrilla,
o sol que alumea lonxe
xa foi tamén un veciño.
 
Nubes que choran seguido,
compañeiras benqueridas,
vos fostes as que poñíades
bágoas onde non nacían.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

viernes, 13 de junio de 2008

Baixo o signo de Caín

As miñas mans chegan
verbas co teu nome
escrito no medio
de "me vuelves loco".
 
Ti, meu namorado,
toleas coa outra,
isa que che escribe
poemas de noite.
 
Segue toleando
coa que te namora
e esquenceme a min,
a que non importa.
 
Ela é a poeta,
eu nadiña sonche
con Caín ás cosatas
de día e de noite.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

miércoles, 11 de junio de 2008

Baixo o signo de Caín

Non sei se chegará o día
no que me alumee
unha estrela máis boa
que a estrela que teño.
 
Non sei se hai esperanza
onde ninguén sementa.
 
Non sei se no deserto
unha árbore medra.
 
Non sei se é posiblel
soñar cunha meta
e chegar,
tocala,
tela,
e fuxir diste mundo ruín
con trunfo do esforzo.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

martes, 3 de junio de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

¡Crer é tan difícil!
Sempre a dúbida presente.
Sempre o pero dando voltas.
Sempre pode ser ou non pode.

Non, non me pidas fe
cando a fe non sobra
de portas adentro
nin de portas afora.

Presentes teño as dúbidas,
dando voltas e máis voltas
nun pode ser ou non pode
iste amor que ti me xuras.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

lunes, 2 de junio de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

Non me deixas nin esquences
á que che xurou quererte
dende o día da voda
ao teu día derradeiro.
 
Vas dun porto a outro porto
con dous nomes na cabeza
desfacendo margaridas
en "te quiero y no te quiero".
 
Eu non quero viaxeiros
de "me voy y vuelvo luego"
tras bicar por compromiso
á que ten anel no dedo.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

LIBROS