LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 22 de mayo de 2008

Pisando forte

Respiro medo.
Medo
Medo
¡Medo!
Atada nesta cadea que me esgana
nunha cárcere cun nome que non quero.
Respiro medo.
Os cans ouvean.
A xente fala.
Eu teño medo.
Calo o medo e vou botando os pés.
¡Qué medo!
Unha pirámide de coñecidas escaleiras,
a rúa, máis medo, máis cans, máis xente.
Pero non son xente, non, son cans.
Todos cans.
Todos feras.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

viernes, 16 de mayo de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

Non sei se naufragaches
no mar de terra adentro
ou dormes soños xustos
nun berce doutros tempos.
 
Non sei se estás calado
agardando o momento
no que chegue ó alto
unha gaivota ceibe.
 
Non sei se unha barca
pode navegar terras.
 
Non sei se a iste océano
chegará o teu alento.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

jueves, 15 de mayo de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

Ofrecelle o ceo e a lúa,
achégase a ela con froles,
pero non chega ó corazón
da que doutro namorou.
 
Pasan os días,
veñen as noites,
chega o outro
i ela vaise tras o amor.
 
É unha gaivota que fuxiu
sa apreta do que ía de señor,
prefiere ó mariñeiro sen castelo,
co barco de casa e de paixón



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

sábado, 3 de mayo de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

Escribo no arco da vella
o teu nome disfrazdo
vestindo con cores cada letra.
 
Estás e estiveches
a carón das verbas
ceibes nos poemas.
 
Non deixo unha liña sen ti
nen esquenzo a túa existencia.
 
Sempre estiveches
preto, moi preto.
 
Ti eras o anxo que durmía
desperto no soño da poeta.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

viernes, 2 de mayo de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

Amar co corazón é escribir isto
neste idioma que sinto dentro
e ti pelexas
para entender
nos meus poemas
sabendo que latexas nestes versos.

Nunca pensei ser eu a que escribira
as verbas nas que ti voltas á vida.

Nunca pensei pintar de cores
paredes brancamente infinitas.

Nunca pensei nun anxo agarrado
a unha man que debulla poesía.

Nunca pensei tantas cousas, amor,
tantas, tantísimas.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

LIBROS