LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 28 de agosto de 2025

Homes tolos

Cavabas as terras duras
cunha picaña mordida
por un rato do faiado
sen saber o que facías.

Ti estabas a picar
terra e pedra nunha eira
que xa non quería dar
un só pé de millo verde.

Pedinche parar e ti
seguiches co teu martelo,
veña a petar na terra
tolo como fuches sempre.

---------------
BIKINI VERMELLO MOI CHIC: https://amzn.to/468vhsR 


-------------------------

domingo, 10 de agosto de 2025

Muller

Demasiada muller para ti
diseches
e decidiches fuxir da miña beira.

Tiñasme medo...

Vin latexar os temores nos teus ollos,
tremaronche as mans
aínda libres.

Pediches un alto na guerra que eu
ía desatar levándote de xeral.
¡Non! Ti non ías ser militar de nada
que non foran os teus medos.

Dixenche... adeús.

O home que non era home

Estiven namorada dun home que non era home. Decateime hoxe así, sen esperar que a verdá me petara na testa. Alí, diante de min, estaba aquela cousiña de brazos caídos, ollos derrotados e pernas cansas polos anos. É o que pasa cando tes ao teu carón un vello. A xuventude é outra cousa. Un rapaz novo aínda ten efervescencia por negativo que sexa no seu falar de profeta.

Hoxe pedinlle a San Antonio un yogurín. Quero mocidade ao meu carón de muller cen por cen muller, de muller que estala coma os foguetes da miña aldea.

----------------------
ZAPATILLAS PARA MULLERES E HOMES: https://amzn.to/4otAZwH 

domingo, 3 de agosto de 2025

Paraíso

Vin un paraíso edificado
coa mar adormecida
sen ondas, calada.

A xente, pequeniña,
por abaixo.
Arriba o ceo
con nubes brancas.

Os coches corrían
entre semáforos.

O tempo estaba no tic tac
do reloxo da parede
do traballo.

Eu soñaba...

----------------------
MIRA DE BALDE pantalóns de vran en tela vaqueira: https://amzn.to/3U7iccF  

LIBROS