Ninguén comprende
que me distraian
os segredos amigos
das horas mortas.
Acadei o éxito.
Veu o fracaso.
Dun xeito ou outro
ficou o fracaso.
Despexouse o ceo.
Volveron as nubes.
Máis segredos chegaron.
Fun quedando soa.
POESÍA E RELATOS EN LINGUA GALEGA
Busquei fora de min e non atopei amizade, non. Aburrín as horas buscando, perdín o tempo esperando. Ninguén chegou e eu agardaba a alguén aínda. Rematei a búsqueda hai tempo, moito xa, e deixei de crer nos imposíbels. |
|
Nada e nada é menos i vai restando en moitos menos infinitos atá soterrarme en nada. Son nada. E aínda ergo a cabeza retando ao mundo nunha loita que fica en nada. Son nada. E aínda pinto os beizos sempre pola mañán de vermello trunfante en nada. Son nada. E aínda non penso en que sempre serán os meus días iguais atá quedarse un tras outro i outro máis en nada. |
1 Hoxe quisera voar i non voltar máis. Lonxe, moi lonxe, onde o pasado fora silencio, eu non tería dor. Lonxe, moi lonxe, oonde o futuro medrara nos regos do presente, eu sería unha frol. Lonxe, moi lonxe, onde ninguén puxera nomes o meu camiñar, eu tería libertade. Hoxe quisera voar i non podo erger cos dedos istas ás. 2 Me voy y regreso y quedo y marcho y estoy y no encuentro la paz que no hallo. Mis dedos recorren el papel manchado con las vomitonas de mi abecedario. Poemas y cuentos, relatos y versos, una estrofa larga recorriendo el viento, un verso que queda suelto en mi aliento. Yo soy la que escribe los versos que mueren en mi firmamento. La otra que miran... sólo es mi sombrero. ----------- Froles na casa |
Ola i adeús i outra vez ola. Así vaise a vida, pouquiño a pouco, ata afogar. Hoxe somos a folla nova da primavera, mañán xa rematou o verán e ven un outono a vernos decindo vas finar. Chegará o inverno un día sen chamar i deixaremos bágoas, ou non, quén o saberá. |
![]() 1 Fillo di i deixa encher a boca coas catro letras que escoita o neno i cala, o neno, i ela segue decindo fillo cando o pai di quieto. Fillo de nai sempre. O pai é o convidado na casa da nai, un máis, non menos, pero a nai é a árbore que o acolle nela. Fillo de nai sempre. 2 El niño es un huracán quieto en sus brazos. Se deja arrullar por la palabra hijo y dice mami, lo único, con mimo. En los brazos del padre se vuelve arisco e inicia un molino de pies en círculo. Vienen los gritos como una tormenta que promete más brío. |
![]() 1 Non me faledes dos anos que xogaba coas bonecas, dos soños que fuxiron, do que lembro. Eu quero unha fiestra aberta sempre á hora veciña que se achega. ¡O presente! Iso, só iso quero. ¡Un intre só! 2 Mañán será hoxe i hoxe onte i onte antonte i adeús adeús. ¡Qué axiña morren os días vividos! Ola y adeús. |