LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 27 de noviembre de 2006

Emocións fortes na neve

Ando estes días a preparalas vacacións do Nadal. Quero alonxarme de todo o que recorde festas tradicionais. Xa o intentei outras veces e fracasei. Descubrin co Nadal no Caribe é coma eiqui: felicitanche o ano novo ainda que non queiras. Tes que ser feliz a forza.

Unha amiga faloume maravillas dunha axencia de viaxes no centro da Coruña. Alí fun o sábado a mañán.

-Usted necesita unas navidades blancas, señora.
-Non, por favor. Non me fale do Nadal.
-Me refiero a unos días en la nieve.

A rapaza sacou dunha carpeta varios folletos cheos de montañas nevadas. empecei a miralo reloxo. Non ía a guantar moito rollo.

-¿Sabe usted esquiar? Si no sabe no importa. Es muy fácil. Se aprende en un plis plas. Nosotros tenemos profesores titulados en todas las estaciones de esquí a las que enviamos a nuestros clientes.
-Creo que non vou aprender. Despois de rematar a carreira xa non se aprende nada máis.
-Puede usted iniciarse en emociones fuetes.
-¿Non me diga?

A rapaza estaba convencidisíma de que eu estaba feita para todo tipo de deportes raros sobre os esquís. Faloume do helisquí, do esquí de travesía, do mushing e doutra cousa que chamou telmark.

Non merquei ningún paquete turístico dos moitos que me ofreceu pero saín ca moral nunha nube.

Imaxinarme descendendo por ladeiras non patas para cardíacos sen acabar cos osos no compoñedor é coma tomar unha botella de coñac dun trago. Bueno, debe ser. Eu nunca me emborrachei de licor pero o sábado saín da axencia de viaxes borracha de optimismo.

A ledicia duroume o resto do día. Sorríalle a todo o mundo, repartía apertas e bicos entre os amigos coma se me houbera tocado a lotería.

Pero todo o bó remata. Pola noite chegoume unha pesadilla de resaca.

Viame vestida con minifalda e botas brancas con tacóns de agulla moi aseitados para pasear pola Calle Real. Subía o número un en Catro Camiños e o chegar ó porto o bús trocabase en helicóptero. Eu berraba pero ninguén me facía caso. A xente seguía a conversar coma se nada pasase. Nen sequera me miraban. O helicóptero parou nun monte nevado. Pensei que era a Zapateira pero non. Aquela non era a miña Coruña, nin sequera era cidade nen pobo. Era un deserto de peñascos imposibles con neve coroados de brétema fría, moi fría.

A xente baixou. Eu quisenme amotinar soa pero non puiden. O buseiro, ágora piloto de helicóptero, votoume fota.

¿E ágora qué ía a ser de min?

Alí estaba a rapaza da axencia de viaxes cun impreso na man. Tiña que asignalo se cría un profesor titulado. Asignei non porque quisera mestre senon porque cria compaña.

-Tranquila, señora. Eu coñezo ben a zona.
-¿Estamos en Galicia? ¿Ainda non saímos de España? ¿Chegamos a Suiza? ¿Non estaremos en América?

Eu preguntaba pero o home non respostaba. A da axencia de viaxes doume unhas botas de goma. Dixenlle que nas cria. ¿Pra qué? Se vas a morrer, mellor facelo sobre uns tacóns de quince centímetros coma unha estrela de cine americano.

Volamos en grupo ladeira abaixo e non morremos. Deus fai miragres as veces.

Ágora pasamos do helisquí o esquí de travesía.
-Eu sí que vos vou a atravesar a vos a couces, desgraciados cabróns.
-Hable con educación, señora.
-A ver se non podo decir un taco antes de morrer, carallo.

A da axencia é moi fina. Tapa as orellas. Eu calo porque se non me oube é coma se non protestara. Ademáis hai que aforrar forzas.

Ágora subimos por un peñasco enrriba duns esquís máis lixeiros. ¡La madre que los pario! Non podo dos cadrís. Creo que estamos en Francia. Esto asemella ó Pirineo francés. ¿Funcionará ainda o teléfono das emerxencias? Marco como podo o 112.

-¡Felicidades, señora! Toda España se siente orgullosa de usted.
-¿De min?
-Estamos viéndola en la dos de Televisión Española.
-Vos estades bébedos. Eu eiqui morrendo e non hai quen me rescate destes que me pasean polo matadeiro.

Quedo sen cobertura. ¿Onde estou? Bueno, parece que me van a deixar sentar nun trineo. O malo é cos cans danme medo. Teñen máis dentes ca pelos. ¡Dios mío! ¿Non é ise o buseiro? Pois ahí vai de conductor de trineo. O demo o leve lonxe de min.

-¿Va bien, señora? Hemos elegido el mejor musher de toda Escandinavia para usted.
-Pois ainda que non elexirades tanto era o mesmo.
-¿Le gustan los perros nórdicos? Puede comprar uno por un módico precio.
-¡Non! Non quero nin can nin cadela.
-¿No ama usted a los animales?
-Eu só amo ós homes.
-¿Es usted ninfómana?
-Algo así.

Esta debe ser unha entrevista pro telexornal. Oxalá non o vexa miña nai porque se o ve e capas de ir o rexistro civil a darme de baixa do libro de familia.

Fanme baixar do trineo e volven a poñerme esquís. Sintome coma unha saltimbalqui do circo. Eu a istes denuncioos na primeira comisaría que atope e a miña amiga non lle volvo a falar na vida. Mira que fun parva o deixarme aconsellar por ela...
-Pra xirar ten que aseonllarse -dimo mestre.
-El telemark es estupendo. Es la modalidad de esquí que proporciona mayor libertad de movimientos.

Posi se hai libertade utilizoa. A min petame rezar e rezo. Deus ten que oubirme porque se non aparece ágora non aparece nin no Xuicio Final.

-¡Estamos en un país laico!
-¿Estamos en Francia?
-No. Esto es Sierra Nevada, la única estación de esquí española con pistas adecuadas para el telemark.

Entón xa sei a quen lle teño que rezar: a Virxe do Rocío. Inicio unha avemaría pero na remato. Eu son devota do Noso Señor Santiago. Falolle de ti e sempre me escoita.

Esta vez tamén o fai. Desperto. Estou na cama agarrada a almofada como a unha táboa de salvación.

miércoles, 22 de noviembre de 2006

O Nadal de Hércules

Ayuntamiento noche.jpg
 
Hércules, amor,
o Nadal ven
no Corte Inglés.
 
Fuxamos xuntos
lonxe de Nadales,
postales e sobres;
lonxe desas rúas
que só teñen luces;
lonxe desas tendas
cheas de agasallos.
 
Soios nunha praia
sen uvas nen envase
brindemos cas ondas
polo aniversario.
 
Dous anos,
meu Hércules,
xa son dous
os anos.
 
Nun Nadal chegaches
sen eu agardarte
ti viñas nun barco
eu na lancha estaba.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 21 de noviembre de 2006

Baixo o signo de Cain

Esculturas.jpg
 
¿Onde?
¿Onde está o camiño?
¿Onde non hai espiñas?
¿Onde serei libre?

Non quero estrelas
nin a Caín no signo
quero libertades
quero ser máis libre.

¿Onde?
¿Onde Ti te atopas?
Dimo, Deus, Ti dimo
temos que falar
deste meu destiño.
   



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

lunes, 20 de noviembre de 2006

O amor de Hércules

Playas Riazor Orzan aereo.jpg

Hércules voltou hoxe
dixome que era o mesmo
bañou a praia de bágoas
cando non quisen crelo.

Di que pasaron milenio
non contei anos valeiros
séculos borrei con esperas
xa non cria coas penas.

Di que son quen entón era
paseo de espello a espello
e non vexo a que era
só unha pantasma vexo.

Hércules voltou axiña
subido nunha bolboreta
dixome que viña cedo
eu creo que veu de cerca.


sábado, 18 de noviembre de 2006

A penitencia da Sabela

Ser crego non é un traballo doado. Os pecados que che contan son moitos. algúns non quiseras sabelos.
Don Manuel sentase no confesionario e vai confesando. Hoxe son todas mulleres. Don Manuel bota a cabeza fora para mirar si se achega a muller que non quere confesar. O demo tentao a fuxir do confesionario. Aguanta a tentación perdoando pecados e impoñendo penitencias de avemarías. Don Manuel sempre manda rezarlle a Virxen. As mulleres perdoan máis.
-Ave María purísima.
-Sin pecado concebido.
¡Alí a ten!
Don Manuel tapa as orrellas cas mans pero ainda así oube a confesión da muller.
-No puedo perdonarlo, padre. ¿No dijo Cristo que para perdonar el pecador tenía que arrpentirse? Mi marido no se arrepiente. Aunque Dios lo envíe al infierno el día del Juicio Final él está decidido a seguir siendome infiel.
Don Manuel deixaa falar. Xa lle dixo outras veces que tiña unha crus coma o Señor. ¿Qué lle vai decir?
Ela di todo. Pidelle a anulación. Ten dez fillos que precisan dun pai. ¿O do Ceo? Non, un pai home que sustitua o biolóxico. ¿Marchou ca outra? Ainda non pero está a marchar. Xa levou os ordenadores. Agora os nenos toleanna porque non teñen messenger na casa. ¿Qué é o messenger? Unha cousa da Internet. Alí coñeceu o ainda esposo a outra. din que é unha rapaza rusa que vive en Murcia. Só o quere polos cartos. ¿Qué penitencia me pon?
-Ninguha, filla, xa tes dabondo.
-Algo teño que rezar, padre.
-Reza o rosario.
-¿Cántos?
¡Jesús! Don Manuel ergese e sae do confesionario.
A muller corre detrás del.
-¿Cántos rosarios teño que rezar, don Manuel?
Unha nena sentada no primeiro banco da igrexa dille a nai ca Sabela debe ter moitos pecados porque o crego púxolle de penitencia unah chea de rosarios.

miércoles, 15 de noviembre de 2006

Arredor de min



Mundo ancho cara adiante
cando me cortan o paso
dou tres pasos cara adiante
para atras non hai camiño
para adiante é mundo adiante.

O carreiro é autoestrada
ca peaxe recortada
os primeiros nono pagan
porque fan camiño ancho
pisando todolos baches.

Mundo ancho cara adiante
taconea polas mares
pra que abran en canales
un paseo cara adiante
en xardíns entre dous mares.

Baixo o signo de Cain

 
Unha estrela chega
hoxe a miña vida
non quero tocala
pero sí sentila.

Soñarei un pouco
sen perdelo tino
esta miña estrela
ven orfa do signo.

Doulle unha aperta
de crente sumisa
baixo sete chaves
gardo a rebeldía.

Deixame crer
ca estrela é miña.
Deixame sentila
sen ser pesimista.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

LIBROS