LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 13 de febrero de 2016

Os amores da nena

Fala o meu avogado
dun pleito que xa rematou
e segue a falar este home
dos pleitos que non cobrou.

Eu soño con telo preto
cando o día chega á cama
deixando os raios perdidos
nas cortinas debuxadas
polos fíos que teceros
uns ocos nos seus buratos.

O meu avogado segue
falando do seu traballo
i eu sego a soñar cousas
que non digo por calada.

---------------

Os amores da nena

Enchín a casa de homes
nunha festa de diamantes
para atoparlle mozo
a unha amiga mal casada.

Un era un bo carpinteiro,
outro era un avogado,
había cinco ou seis médicos,
estaba un enchepratos.

A miña amiga xuntaba
unha leria cunha nada
i eu falaba i falaba
co meu home avogado.

Acabou a festa as doce
e xa estaba namorada
do mellor home de pleitos
que había na bisbarra.

------------------

LIBROS