LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 27 de abril de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 15

LIORTAS ALLEAS

Denise mailo carniceiro xa chegaron ós malos tratos. Despertaronme onte cos seus berros. Non entendía o que berraban, pero alí ía haber unha morte se non o remediaba Deus.

Erginme e abrín a fiestra.

-Ista casa é miña -decía a miña veciña.
-Non. Denise, ti eiqui non tes nada.
-Tesme que poñer no contrato por obriga legai.
-Fixemos separacións de bens, nena.

Volvin a deitarme. Xa quedaba de novo dormida, cando os berros volveronme a despertar.

-Calade e dormide, carallo -berreille denda ventá.
-Cala ti, vella, que estás ameigada.

¡Chamoume vella! Aquela non lla pasaba. Chamei o meu Uxío ó Vaticano.

-Dille a don Bieito que teño unha meiga enfrente da casa que me acaba de ameigar con unha velles.
-Mamá, ¡por favor!
-Moi ben, dillo por favor, pero dillo agora mesmo.
-¿Sabes qué hora es?
-É noite.
-Acuéstate, mamá. Llamaré a Eva para que se pase por tu casa.
-Eu a Eva na preciso, fillo. Preciso unha axudiña do Papa. Dille que condee a Denise ó inferno por meiga. ¿Non tedes un convento en Roma con cárcere? Alí podedes metela.

Eva chegou antes co meu asistento.

-¿Para que te metes en liortas alleas, tía?
-Non me deixaban dormir.
-Heiche mercar uns tapóns pros oídos.

Quen non se meteu en liortas alleas foi o meu asistento Pepe.

-Denise chamoume chorando, duquesa. Cria que lle dera unha malleira o seu home. Dixenlle que lla dera ela.
-Fixeches ben, meu neno. O carniceiro é un home perigroso. Pode quitar un coitelo de matar os cochos e ferirte.
-Pelexaron porque o carniceiro mercou o chalé e púxoo só o seu nome.

Lembreime entón de Alexandre. Eviña segue a pintar todo o santo día. Menos mal que pinta no xardín e non fai estragos na casa.

-¿Cómo vai a empresa de Alexandre, nena?
-Para arriba coma un fogete. Firmou o outro día un contrato ca Xunta.
-A política non me gosta nadiña. Dille que se alonxe dos políticos.
-O noivo de Eva ó teléfono.

A miña sobriña colleu o inalámbrico das mans de Pepe. O corazón latexabame a todo dar. ¿Qué lle pasaría a Alexandre?

Eviña entrou na casa. Debía ser unha cousa ben seria.

-O director da sucursal de Caixa Nova non lle quere dar un crédito para mercar un coche novo.
-¿Só era iso?
-Alexandre no quere mercar cos aforros. Eu dixenlle co mercara cun leasing.
-¿Un leasing?
-Que vaia pagando cuotas atá a opción de compra.

Moito sabe ista nena. Non é porque sexa a miña sobriña, pero é moi lista de Dios. Cando chege a ser unha pintora coñecida, Galicia vai a estar na boca de todos. Han de decir en América: Galicia é o país no que naceu Eva a Picassa.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://us.rd.yahoo.com/mail/es/tagline/messenger/*http://es.voice.yahoo.com/

LIBROS