Raíña de min
e da miña traxedia,
lonxe das coroas,
preto de min mesma.
Loitando por cousas
vou perdendo o tempo.
Veñen novas penas,
enganos e misterios.
Revela a lúa
as páxinas negras
neste bo momento
para esquecelas.
Os bicos viaxan
a mundos alleos,
os couces xa enchen
castelos enteiros
onde non me atopo,
onde son o demo.
martes, 24 de enero de 2012
lunes, 23 de enero de 2012
Palabras cheas
Nun cartei vai o meu nome,
nas paredes os poemas,
o que non dixen escribindo
ficou dentro do silencio.
Non cambio o que calei
por tantas palabras cheas.
jueves, 5 de enero de 2012
Unha ninfa, unha noiva
Quisera ser noiva,
ou ninfa, ou monstro.
Quisera ser muller
de viaxe en viaxe.
Quisera darche as grazas
collendo a túa man
coas miñas mans xeadas.
Quisera abrir concurso
á idea máis festeira
para darche de premio
unha ninfa, unha noiva
i ao monstro de dentro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)