Xa non teño folgos.
Xa nada me importa.
Xa caen as follas
sen levarme a min.
Xa calan os pitos.
Xa morren as horas.
Xa non hai un día
para máis vivir.
Xa dubido tanto,
tanto i tanto i tanto
que son unha dúbida
aínda muller.
Xa os agarimos
dun home non sanan
unha alma cansa
dun corpo sen fe.