LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 16 de mayo de 2026

Muller ceibe

Dixen
e calei,
pero dixen.

Porque eu sempre digo
moito cando calo.

Porque calando berras
máis que berrando.

Porque tiña que decir moito
e dixeno todo todiño
calando...

Pero ceibe no meu eu
de muller ceibe.

-----------------------

miércoles, 13 de mayo de 2026

Muller ceibe

Aínda son
xuventude
e forza
e loita.

Aínda son eu.

Aínda quero
subir polas árbores,
tirar unha pedra,
correr e fuxir.

Aínda eu son.

Aínda me ves
como a dinamita
que está a ferver.

---------------------
Anuncio patrocinado: Vestido Mujer Verano Cuello Redondo Manga Corta Casa Elegantes Casual Vestidos Verano Mujer 2026 Summ...

sábado, 9 de mayo de 2026

Muller

Decianme que estivera
ben sentadiña
agardando quieta
cos brazos caídos.

Erginme e defendinme.

Defendinme de eles.

Defendinme eu mesma.

Defendinme, vos digo.

--------------
SHEKINI Mujer Bañador con Falda Traje de Baño Elegante Ruched Control Abdomen Tankini Deportivo Ajustable Falda de Baño de Una Pieza

martes, 17 de febrero de 2026

Muller ceibe

Na casa
chorando sen chorar
as miñas penas.

Escoitándome a mín.

Fuxindo en pensamentos.

Facendo unha porta
onde non hai madeira.

Abrindo os meus soños.
Soñando a que pena!

-------------------------





Rodevil Zapatillas fieltro Frida estar por casa cómodas mujer bonitas




Mr.Wonderful - Zapatillas para Casa T 36-38 - Lo mejor del día... ¡siempre en tu compañía! - Regalo Día de la Madre - Zapa...





sábado, 14 de febrero de 2026

Muller ceibe

Hoxe sentinme tan libre
que decidín non voltar a miña casa.

Subín a un autobús.
Marchei.
Fuxín.

Deixaba as cargas familiares.
Deixaba os que din que me queren.
Deixaba tamén os que non me queren.

Ni adeus dixen...

--------------------------






viernes, 16 de enero de 2026

Muller ceibe

Deusa chamachesme onte.
Deusa hoxe me chamaches.
Pensei co decías desperto,
pero ti estabas soñando...

¿Sería eu esa deusa
ou a deusa non estaba
vivindo na nosa casa?...

Pola mañán xa decías
que de noite ti soñaras
con que eu voaba lonxe
coma unha gaivota brava.

-------------------------

LIBROS