UNHAS CASAN E OUTRAS NON
Di o meu asistento que Denise casou co barbudo. Ben podía ser que vivan xuntos sen pasar pola vicaría.
-Él ten unha carnicería nunha praza de abastos.
-Denise eche ben atrevida.
-¿Por qué, duquesa?
-A ise home veselle mal xenio, e se é carniceiro, a súa vida corre perigro.
O meu asistento dixo que ningún carniceiro saiu no telexornal coma maltratador.
-Matan o mal xenio na matanza do porco.
-Iso será en Monte Loureiro, Pepiño, na Coruña aos carniceiros xa lle levan os porcos mortos do matadeiro.
Denise deixou o negocio dos amarres pola carnicería. Todalas mañáns sube ó coche do home e vanse a facer cartos.
Mira ti que rápido casan unhas e outras, coma a miña sobriña Eva, tan guapa e tan lista, non dan casado. Claro que non se pode estar na misa e no campanario á vez. Eviña atopou un bo mozo, pero di que antes de casar ten que ser unha pintora con moita sona.
-A nai de Alexandre quere unha nora coñecida -dixome onte.
-¿E a ti que che importa a nai de Alexandre? Ti casas con rapaz.
-Alexandre non casa sen permiso da nai.
-¡Valgame Deus! ¿Ise era o home con grandes proxectos empresariais para Galicia?
-Unha cousa é a vida empresariai e outra a vida persoal da xente, tía.
-Non, nena. Un home ten que vestirse polos pés, tanto fora como na casa. ¿Qué faría se veñen os ingleses a invadirnos? ¿Chamar a nai para preguntarlle se vai á guerra?
-Por favor, tía Clotilde... ¡Os ingleses! Estamos no século XXI, non na Idade Media.
-Viñeron unha vez, e se non fora por María Pita, seriamos unha colonia coma Gibraltar.
-Se veñen, as de baixar ti denda Zapateira ca basoira na man.
-E ti tamén, Eviña. Ti tampouco habías de quedar atrás a hora de defender a túa terra dos invasores que viñan a quitarche o voto e facerte escrava da Raíña de Inglaterra.
A miña sobriña di cons meus coñecementos históricos coxean. En tempos de Felipe II ningún cidadan votaba.
-Pero sexa coma sexa Alexandre -proseguin co que importaba -,ti pillao, Eviña. É o mellor mozo que tiveches, nena. ¡Ten cartos! Casaste con él e despois á nai que vaia a gobernar na súa casa. A empresa de capital risco levala ti.
-Eu son pintora.
-Serás empresaria tamén.
O meu asistento chamabame. O meu Uxío estaba ó teléfono.
-Hablé con don Benedicto, mamá.
-¿Pecha o xornal do pai da Catro Demos?
-No estamos en la Edad Media, mamá. Ya no existe la Inquisición. Don Benedicto sólo puede acusar de blasfemia a los medios de comunicación. Estamos leyendo ese periódico todos los días; cuando encontremos una ofensa hacia el Altísimo, la diplomacia vaticana tomará medidas.
¡O que é o mundo! Alexandre está debaixo da saia da nai e o meu Uxío está debaixo da sotana de don Bieito. Os homes non valen nin o que comen. ¿Qué sería do mundo se non existiramos as mulleres?
Aínda hei ter que ir eu a Madrid a enfrentarme coa Sabela Catro Demos, que non deixa expoñer os cadros da miña sobriña na galería Sete Muiños.
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com