LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 11 de abril de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 10

 SABELA CATRO DEMOS
 
 Estiven lendo o informe dos detectives. Non hai dúbida: Alexandre é unha xoia. Dixenllo a miña sobriña onte.
 
 -Xo sei, tía Clotilde.
 -Entón se o sabes, ¿qué fas?
 -¿Qué queres que faga?
 -Anímalo para que che pida voda.
 
 A miña sobriña rise. Di que esos tempos xa pasaron. Agora as mulleres queren chegar a ser algo por elas mesmas. Volveme a falar dos seus cadros. ¡Mira que é soñadora! Atopou un home con cartos e non espabila. Se me vexo eu con vinte anos, xa estaba casada co Alexandre.
 
 -Volvemos a ter un boneco diante da cancela, duquesa.
 -Deixate de bonecos, Pepiño. ¿Non ves que estou ocupada? Teño que casar a miña sobriña.
 -Eu creo que ises bonecos están relacionados co home de Vigo.
 -¿Vas a decirme que a túa Denise nos manda a Alexandre? Se o manda, non puido mandar mellor cousa: un rapaz con cartos, empresa, boa familia,...
 -É socialista i é do Celta -di a miña sobriña.
 -Non importa, nena. Será socialista pero é rico.
 -Creo que imos a pelexarnos polo fútbol. Eu son deportivista.
 -Tamén eu. Verás que non hai problema falando de todo menos de fútbol, política e relixión.
 -De relixión temos que falar, tía. Eu os nosos fillos teños que bautizar.
 
 A min Eviña desesperame. Ten ó home da súa vida á porta, e ¿pensas que sabe pillalo? Non, ela anda a darlle voltas á noria. Aínda non casou e xa pensa nos fillos.
 
 Se lle falo da miña voda co duque de Monte Loureiro espántase. Foi moito escándalo. Os meus irmáns non me volveron a falat dende entón. Decían que fixera como unha mala muller. Nada máis lonxe da realidade. Simplemente busquei un solteirón con cartos, gostoume, gosteille e pedinlle voda a cambio de cama. En dous días arranxou os papeis para poder casarnos. Cando chegei á casa dos meus pais cun home e un anel no dedo, botáronme fora. As cousas non se facían así, según eles.
 
 Tampouco se fan como as fai Eva. Istes días anda a pintar unha bruxa con basoira de pao, sombreiro de tres picos e saia rachada.
 
 -¿Quén é isa muller? -pregunteille.
 -É a mala peroa que non me deixa expoñer na Galería Sete Muiños.
 
 Contame que se chama Sabela Catro Demos i é filla do dono dun xornal de Madrid.
 
 -Dime cal é ise xornal.
 -¿Qué queres facer, tía?
 -Pecharlle o xornal ó pai da Catro Demos. Falarei co meu Uxío para que llo pida a don Bieito.
 -¿Qué lle vai pedir? ¿Oracións?
 -¡Ai, Eviña! Ti non sabes coma funciona iste mundo, nena. Hai que morder antes que te rabuñen. Cando che dan un couce, cortalles o pescozo.
 -Non digas disparates, tía.
 
 Non digo máis. Anoto na miña axenda o asunto da Catro Demos. Ben sabe Deus, que si é ela quen lle nega unha exposición a miña sobriña Eva, eu farei todo o posible para que don Bieito chame ó embaixador a consultas polo xornal do pai. Non me importa o que escriba ise home, pero si ten unha mal filla, non pode sacar un xornal á rúa. Meten crispación no país as novas escritas por xente ruín.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

LIBROS