Fuxiches, amor,
como fuxiron
os que me amaron
ata o delirio.
Todos bicaron
a poesía
e alarmaronse
coa prosa escrita.
Fuxiches ó saber
que teño prosa.
¡Meu probe!
Eu son verso e prosa,
un rego que non rima,
unha rima que chora,
un choro sen un pano,
un pano nunca enxoito.
¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.
Todos van tras a estrelaque atopan i eu non atopo.¿Onde está isa estrela?¿Onde o corpo esconde?Corro tras os que me adiantane chego diante de todos.Alí está o Meniñoespido de todo luxo.Eu fico ollando o Neno,os outros camiños correnmercando en cada tendaanacos de Noiteboa.Eu xa non merco anacosenvoltos en papel ouro.Eu xa non quero consumos.Eu xa non quero máis luxos.
Vou pisando forte
todos os infernos.
Para atrás hai nada,
para adiante hai menos.
Pero eu cara adiante,
cara adiante sempre,
vou pisando forte
co alento quente.
Que Deus non me diga
o que eu non quero
nin faga promesas
nas que xa non creo.
Vaite, Deus, e deixame
no camiño ateo.
Vaite, Deus, cos outros,
cos que axudas sempre.
¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.
Abaixo non es nada
arriba es princesa
veñen a adorarte
como a unha estrela.
Chamanche raíña
dinche que te queren
pero se ti caes
caida ti quedas.
Fuxe o namorado
coma se o demo
viñera a buscalo
para outra estrela.
Vaite e non volvas
fuxe desta leira
para ti non hai
bicos na colleita.
Despois dos xaneiros
veñen os setembros
enchendo os hórreos
que estaban baleiros.
¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.
Non te apoio.
Grazas.
Grazas polo apoio
do non do agasallo
i do sí que roubas.
Subirei ó monte
i de alí as nubes,
das nubes caerei
en chuvia de outono.
Eu serei o abono
da colleita morta
antes da semente
destes meus sudores.
Non me apoias.
Grazas.
Grazas polo apoio
do non que recollo
nun eu sí me apoio.
¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.