PREPARATIVOS PARA A VIAXE
O meu fillo foi nomeado bispo auxiliar de Mallorca. Non é que sexa moita cousa, pero menos é nada.
-Tienes que dejar a ese hombre, mamá -dixome onte por teléfono.
-Trqanquilo, meu neno. A túa misa nova coma bispo no hei levar.
-¡Deixao dunha vez!
-Tranquiliño, Uxío. Ti confía en min, meu neno.
Non confía nada na súa nai. Se non ten máis fe en Desu que en min, non evanxelizará ós mallorquíns.
Eva di que non ven a Mallorca. Ten que estudar para as oposicións. Se non ven Eva, terei que levar o meu asistento.
-¿Levame as Baleares, duquesa?
-Sí, meu neno. Unha duquesa viaxa con boa compaña sempre. Mañán levareite ó sastre a facer unha ducia de traxes a túa medida. As garabatas mercareichas nos chinos, que hai que aforrar.
-¿E os zapatos?
-Ben che valen os zapatos vellos. Non vai a ser que te vexan moi guapo as suecas e levente con elas.
-Para unha sueca xa non teño corpo, duquesa. Dende que cumprin cuarenta anos, coxeo un pouco os días de brétema.
-Carallo que colleches o reuma ben cedo. Hai que pedir ves no Ventorrillo para que che fagan un arreglo os médicos.
O peor é que teño que deixar a casa soa. Ven por eiqui Eviña a pintar os seus cadros, pero pola noite o meu chalé estará sen xente. Pedinlle a miña veciña Denise que botara unha ollada cara o meu xardín as tres da mañán.
-¿Non pode ser a outra hora, duquesa?
-As tres é a hora na que discutides na túa casa.
-Discutimos cando as rapazas van ó botellón. O meu home non lle gosta que vaian.
-Ten razón. As nenas podense botar a perder co viño. Perden a cabeza e chegan á casa cun fillo antes de casar.
-No queira Desu.
-Deus ha de querer o que elas queiran.
Tamén quixo o que eu quixen: un fillo bispo. Se fora bispo da Coruña, sería a ledicia completa. Pero hai tempo. Paquiño non deixa a embaixada antes de traernos un bispo.
-Eu tamén vou a Mallorca, tía. Os apuntes das oposicións tanto os estudo eiqui como aló.
-Así se fala, miña nena. Uxío sempre te quiso moito.
-Levarei algúns dos meus cadros para vender.
A miña sobriña non perde os soños de todo. Non quere soñar, pero Deus escriben en regos tortos. Se Él quere que Eviña sexa pintora de moita sona, hase de cumprir a súa vontade.
-A condesa xa recebiu a Alexandre, tía.
-¿Doulle cartos?
-Nin un patacón. Faloulle moito do futuro, pero non puxo un peso no Cinema Paxariño.
-¿Volveches con él?
-Non, tía. Ata que sexa unha pintora con prestixio non terei noivo.
Calo. Eva non é coma min, e eu respeto as diferencias. Se eu fora Eva, primeiro casaba con Alexandre i despois... que Deus fixera da súa vontade unha saia a miña medida.
¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.