LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

martes, 19 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 26

 UN FILLO BISPO
 
 Estos días ando pendente do nomeamento de bispos. Don Bieito ten que lembrarse do meu Uxío. Quero un fillo bispo, e Deus ten que concederme iste desexo se quere que crea nel.
 
 -Aínda me podo apuntar ó ateísmo -berreille ó de Arriba onte.
 -¿Qué di, duquesa?
 -Non fagas caso, Pepiño. Falaba con Deus.
 -O Noso Señor hai que falarlle baixiño para ser escoitados.
 -Eu falolle como me peta.
 
 Tamén fago o que me peta. Achegeime a casa de Denise para que me lera as cartas.
 
 -Só quero saber se don Bieito nomea bispo o meu fillo.
 -Direille todo o que sae, duquesa.
 -Denise barallou o tarot, misturouno coa baralla española, extendeu as cartas, recolleunas, volveunas a barallar,...
 
 -Vai a teñirse de amarelo, duquesa.
 -¿Para a misa do meu Uxío coma bispo?
 -Eiqui sae boda.
 -Pois non penso casar, miña nena. Morrerei sendo a duquesa de Monte Loureiro.
 -Anda en amores cun conde.
 -Iso dixocho o meu asistento.
 -Sae nas cartas.
 -Ti contame o futuro co presente xo sei eu.
 -Será madrastra, duquesa.
 -Leveme o demo antes.
 -Madrastra de un neno máis unha nena. Levaranse ben.
 
 Aquela muller estabame timando. Contabame unha película que non ía conmigo.
 
 -¿Qué din as cartas de ti, Denise?
 -Estoulle lendo o seu futuro, duquesa.
 
 Seguiumo lendo. En cinco minutos pasei de casada cun home no Ceo a casada cun conde da Terra, de nai dun crego pasei a madrastra, e o bispado non chegaba. Erginme e marchei.
 
 -¿De onde ves, tía? -preguntoume Eva cando cheguei a casa.
 -De mirar o futuro no tarot de Denise.
 -¿Qué che dixo?
 -Que caso co conde e serei madrasta de dous nenos.
 -Deus no queira, tía.
 
 Deus de momento quiso co meu fillo sexa bispo. Botei un berro de ledicia cando mo contou que rachou todos os cables da Telefónica.
 
 -Cala, mamá, que anda don Bieito preto. Aínda non me dixo o destino.
 
 Se na Coruña tiveramos un bispado, Uxía viña para eiqui. Xa virá. O importante é que sexa bispo.
 
 -Hai unhas froles para vostede, duquesa.
 -Trae para eiqui, meu neno. Debemas mandar o noso embaixador no Vaticano para felicitarme polo nomeamento do meu Uxío.
 
 Non eran de ningún embaixador. Eran do meu namorado. Trinta rosas vermellas. É un amor de home. ¿E ista tarxeta? Na tarxeta pedíame voda para cando chegara á velles. Denise tiña razón, carallo. Se lle fago caso ó conde, morro casada i con fillastros.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

LIBROS