LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

martes, 20 de marzo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro 4

ALUGANDO A NEVEIRA

É moito disparate o que estamos a vivir ca brasileira de enfrente. O meu asistento Pepe estará namorado dela, pero eu maldito amor sinto. Cando me ergo xa ten xente á porta. Miña avoa sempre decía cos cartos doados saen caros e eche ben certo.

O lúns tivemos o primeiro escándalo. Un home sesentón berraba coma se o levara o demo. Decía co deixara a muller.

-Estivoche ben -decialle a brasileira dende a ventá da segunda pranta do chalé-. Non quiseches pagar o segundo prazo de meu traballo.

Nese momento chamou o meu fillo crego. Pepe colleu o teléfono, e o meu rapaz enterouse do novo negocio que temos enfrente da casa.

-Mamá, no puedes vivir al lado de una bruja.
-Cada unha vive na súa casa, fillo.
-Es un escándalo. Hablaré con el alcalde.
-Nin se che ocurra. O alcalde anda moi ocupado cas eleccións.
-Me refería a Paco, nuestro embajador ante la Santa Sede.
-Non molestes a ninguén, fillo.
-No puedo ir por ahí, mamá. Si pudiera..., pero no; es imposible. Don Benedicto está escribiendo una nueva enciclica y yo se la paso a ordenador.

O meu fillo pasalle coma a miña sobriña Eva: é un soñador. Se non choras non mamas. Eles non choran, soñan. Pasalles a vida nun soño e cando despertan, o sol xa vai lonxe. Hai que pedir, carallo. ¿Qué fai Uxío de crego-secretario de Bieito XVI? ¿Non lle pode decir co nomee bispo da Coruña?

-Querialle pedir un favor, duquesa.
-Pide, Pepiño, se non é un favor moi grande concedocho desexo.
-A vostede sobralle unha neveira.
-Alto ahí. Nesta casa non sobra nada.
-Xo sei, duquesa. Vostede ten tres combis. Podelle alugar un a Denise.
-¿Cánto me paga?
-Dous centos euros ó mes.
-Trescentos.
-Dixo que máis de douscentos non pagaba.

Denise ven a merendar e regateamos o prezo. Chegamos a un acordo antes de rematar o café. Douscentos oitenta euros pagaríame cada mes por encherme a neveira de limóns atados.

-Mañán ven a caseira. Quere mirar a casa antes de renovalo contrato, e non quero que atope os amarres.
-¿Non sabe a que te adicas?
-Non, duquesa, hai profesións que é mellor non decilas.

Entendocha ben. Eu tampouco lle digo a moita xente que teño un fillo crego. Nun mundo ateo non se pode presumir dunha sotana na casa. Ademáis, pouco hai de que presumir. Se aínda fora bispo...

-¿Quere que lle lea o tarot, duquesa?
-¿Cánto me vas a cobrar?
-A primeira tirada non a cobro.

Denise barallou as cartas, púxoas boca abaixo, boca arriba, volveu a barallalas, estendeunas enriba da mesa da cociña,...

-O seu fillo vai ser bispo.
-¿Da Coruña?
-Sí, sae clarísimo.

Biqueina. O meu Uxío vai ser o primeiro bispo da Coruña.

LIBROS