LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

martes, 27 de marzo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro 6

A BONECA DO XARDÍN

Voulle ter que prohibir a miña sobriña Eva pintar na miña casa. Onte pasou o día pinta que pinta ahí fora. Eu pensei que pintaba unha paisaxe. Coma os sus cadros non me gostan nadiña, non me acheguei a ver qué era o que metía no lenzo. Entereime cando oín os berros do meu asistento.

-¿Qué che pasa, Pape? Como berres así van vir os grises a deterte.
-Por favor, tía Clotilde. Os grises xa non existen. ¿En qué mundo vives?
-No mesmo que ti. ¿Qué lle pasa o meu asistento?

Pepe berraba, brincaba, maldecía. Toleara. Lembrei que non lle pedira un certificado médico cando o contratei. ¿Sería esquizofrénico? Deus me libre dun tolo.

-Deixa a boneca, Pepe -decialle a miña sobriña-. Aínda non rematei o retrato.
-¿De onde quitaches esa boneca, Eviña? ¿Trouxechela ti?
-Atopeina no xardín, tía.

Quisen collela, pero o meu asistento na soltaba.

-É un meigallo.
-¿Qué dis, Pepe?
-¡Meiga fora!
-Alabado sexa o Noso Señor, que estás ben tolo.

Eva arrincalle a boneca das mans. Era unha boneca dunha Cadea Cen. Meiga sería, pero poucos anos valera.

-¿Non vedes que ten un coitelo cravado no pescozo? Denise fixonos budú.

A boneca tiña un coiteliño do postre atado cun laciño rosa á cabeza. Pobriña. Quiteillo. O meu asistento volveu a berrar.

-Eu quero rematar o retrato -queixabase Eva-. Estou a pintar unha obra xenial.

A xenialidade de Eva era unha boneca voando tras un coitelo prateado que non se deixaba pillar. ¿Quén lle ía mercar semellante cadro?

-¿E ista a casa da curandeira?

Sobresalteime. Unha muller de negro dos pés á cabeza estaba no meu xardín. ¿Habría deixado Eva a cancela aberta?

-¿Qué enfermidade ten vostede?

Volvin a sobresaltarme. A miña sobriña preguntaballe á descoñecida polos seus males coma un médico. Ela dixolle que tiña depresión.

-A depresión curase atopando un hobby para encher os días.
-Ou indo a contarllo á curandeira -interviu o meu asistento Pepe-. Aquela é a súa casa.
-Prefiro falar con ista rapaza.
-¡Non! Iso non cho consisto, Eviña. Unha cousa é que te adiques a pintar cadros, e outra moi distinta que te metas a curandeira.

A descoñecida marchou. Eva acompañouna o seu coche. Nunca me fai caso de todo. Dislle que non, e ela fai medio sí do non.

-¿Onde está a boneca, duquesa?
-Pois non sei, Pepiño.
-Desapareceu.
-Os meigallos sonche así: veñen e van.

Cando Eva me contou que lle regalara a boneca á descoñecida, encolleuseme o corazón co medo.

LIBROS