jueves, 1 de marzo de 2007
Arredor de min
Ama a libertade na palabra
defendendo letra a letra libertades
espía a paranta con coidados
o vento que ven quere matala.
Alzando a pluma na expresión
fago miña a libertade atacada
asoballan a libertade e calan
de xeonllos o medo acobardaos.
A miña pluma irmanase
co lápiz calado a altercados
defendendo a Europa que coñezo
vestida co traxe das libertades.
É hora de asir unha bandeira
agarrándonos ó último alento
parchear o barco é naufragar
na mortaxa do peor dos infernos.
A bandeira da libertade ferida
sobrada de perdóns ofrecidos
respostados con violenta resposta
ofrezolle os meus versos libres.