Sinto un ruxerruxe
cando estás preto
e sego sentíndoo
cando lonxe estás.
Voy polas cidades
cos meus ruxerruxes
buscando en outros
o que ti non das.
Xa non me relaxan
as cousas sinxelas
que eu desexaba
antes de laiar.
POESÍA E RELATOS EN LINGUA GALEGA
|
Nada e nada é menos i vai restando en moitos menos infinitos atá soterrarme en nada. Son nada. E aínda ergo a cabeza retando ao mundo nunha loita que fica en nada. Son nada. E aínda pinto os beizos sempre pola mañán de vermello trunfante en nada. Son nada. E aínda non penso en que sempre serán os meus días iguais atá quedarse un tras outro i outro máis en nada. |

| 1 Hoxe quisera voar i non voltar máis. Lonxe, moi lonxe, onde o pasado fora silencio, eu non tería dor. Lonxe, moi lonxe, oonde o futuro medrara nos regos do presente, eu sería unha frol. Lonxe, moi lonxe, onde ninguén puxera nomes o meu camiñar, eu tería libertade. Hoxe quisera voar i non podo erger cos dedos istas ás. 2 Me voy y regreso y quedo y marcho y estoy y no encuentro la paz que no hallo. Mis dedos recorren el papel manchado con las vomitonas de mi abecedario. Poemas y cuentos, relatos y versos, una estrofa larga recorriendo el viento, un verso que queda suelto en mi aliento. Yo soy la que escribe los versos que mueren en mi firmamento. La otra que miran... sólo es mi sombrero. ----------- Froles na casa |
Ola i adeús i outra vez ola. Así vaise a vida, pouquiño a pouco, ata afogar. Hoxe somos a folla nova da primavera, mañán xa rematou o verán e ven un outono a vernos decindo vas finar. Chegará o inverno un día sen chamar i deixaremos bágoas, ou non, quén o saberá. |
1 Fillo di i deixa encher a boca coas catro letras que escoita o neno i cala, o neno, i ela segue decindo fillo cando o pai di quieto. Fillo de nai sempre. O pai é o convidado na casa da nai, un máis, non menos, pero a nai é a árbore que o acolle nela. Fillo de nai sempre. 2 El niño es un huracán quieto en sus brazos. Se deja arrullar por la palabra hijo y dice mami, lo único, con mimo. En los brazos del padre se vuelve arisco e inicia un molino de pies en círculo. Vienen los gritos como una tormenta que promete más brío. |
1 Non me faledes dos anos que xogaba coas bonecas, dos soños que fuxiron, do que lembro. Eu quero unha fiestra aberta sempre á hora veciña que se achega. ¡O presente! Iso, só iso quero. ¡Un intre só! 2 Mañán será hoxe i hoxe onte i onte antonte i adeús adeús. ¡Qué axiña morren os días vividos! Ola y adeús. |
1 Non sei se eu son dos Reis ou prefiro o Noel. Postos a elexir elixo todo o que han traer. Poño as mans pra que mas enchan con moreas de ledicia. Quito as mans cando me botan carbón pra pintar os días. 2 Alumean o Nadal ao carón do Corté Inglés, non alumean os cartos nos petos de quen non ten. Vas camiñando sen peso un ano máis o que ven. Probe fuches, probe es, probe serás no 2010. Vaite Nadal que xa cansa o engano que ti es. Vaite co teu Deus Consumo a onde haxa pra te ter. |
Puso un agasallo nas súas mans de neno e recolleu o sorriso de quen aínda cre nuns Reis que veñen do lonxano Oriente. ¡Bendita a inocencia! ¡Qué boa a nenez! |
| Vestido branco Prezo: 33 euros 1 Hoxe non sei qué decir porque xa dixen moito, tampouco sei calar hoxe o que che conto. Chega a noite cedo i eu sego tan soa coma estaba onte, antonte, e sempre soa. Por riba xa me bota a vida outro outono para atarllo ao corpo. Van xa unha morea de setembros gastando os veráns do meu corpo. 2 Todo igual. Nada cambia. Yo sigo abrazada por el eco de mi voz apagada en un papel. Me invento. Me reinvento. No dejo de ser llama de vela que arde, no acaba y continua. Regreso a mí. Quedo en cera. Una torre se levanta buscando el abrazo de dos lunas congeladas. Se derrumba. Igual que mis sueños. |
Chegas coma o lume sen pedir para entrar onde ninguén agarda o teu quente bicar. Xa perdo o acougo. Xa non cavilo máis. Tirome ao teu monte deixando o meu atrás. Esquezo tantas cousas coma endexamáis pensei que esquecería ao eu namorar. |
Fun cara ti coma unha bolboreta que chega e non fica a beira de ninguén. Ti sempre no teu teito ollando o meu voar dun barco a un porto, dun porto a un mar. Voltaba e alí estabas piando ao eu pasar. Sempre ti agardabas. Sempre eu a voar. |
Vou cara ti aínda que non estés porque sempre estás no meu cabilar. Mi chico, mi chico, chámote sen nome. Mi chico, mi chico, aínda estou lonxe. Mi chico, mi chico, axiña te atopo. Ti estás pensando tamén no meu nome, na túa raíña da cidade da Torre, a que tanto escribe, a que tanto conta, a que che adica os versos da noite. |
Abro a fiestra i vivo no campo sen cancelas, aquí ninguén te bota fóra da túa leira. Enredome na Rede con verbas e máis verbas, brinco de unha páxina noutra que xa invento. Iste é o mundo libre que eu quero atesourar na miña realidade. Iste mundo sen portas é o que non atopo na miña realidade. |
Aíllome do mundo adentrándome en min ata que me esquecen os que están a vivir. Eu estou nunha cárcere da que non sei sair. Sempre catro paredes. Sempre o mar de fin. Mañán, moi caladiña, deixareime fuxir pola ventá que abro para chegar a ti. Nun teclado alleo os meus dedos camiñan por letras que escribiron antes do sol caer. |
Me clavo y desclavo de la cruz de tu amor cuando veo en tus ojos escrito el adiós. Ti xa non me queres, eu quero seguir coas lapas máis mornas ardendo por min. Cravada na cruz toleo por ti, non quero cambiarte por outro sentir. Prefiro os cravos feridos de fin a uns cravos novos aínda por ferir. Por eso me quedo pegada a las sábanas cuando tu ausencia rellena la cama. |
Chegoume o teu retrato. Moitas grazas. Lembrábate antes, ágora son lembraza. Non sei se voltar contigo ou quedarme con outro que ronda o meu corazón. Ti es o retrato do que foches sempre, él é a incógnita dun libro a escribir. Non che correspondo cun retrato meu, pero douche as grazas por non me esquecer. |
| Son eu a que enche o serán de poesía, a que sementa verbas no deserto, a que pranta froles que non nacen, a que recolle nada e moito e tanto pouco. Son eu o silencio levado polas pernas, a boca que fala pola man, a agonía que morre pero vive, a loita da tinta por pasar. Son eu isa que cres chamada Miss Derrota, isa que aínda segue a súa loita, isa que vai ceibe pola rúa, isa que cala, isa que escoitas, ista. Eu. A poeta. |