LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 12 de mayo de 2010

Nada

Nada e nada é menos

i vai restando en moitos

menos infinitos atá soterrarme

en nada.

 

Son nada.

 

E aínda ergo a cabeza retando

ao mundo nunha loita que fica

en nada.

 

Son nada.

 

E aínda pinto os beizos sempre

pola mañán de vermello trunfante

en nada.

 

Son nada.

 

E aínda non penso en que sempre

serán os meus días iguais atá

quedarse un tras outro i outro máis

en nada.

 


LIBROS