Aíllome do mundo adentrándome en min ata que me esquecen os que están a vivir. Eu estou nunha cárcere da que non sei sair. Sempre catro paredes. Sempre o mar de fin. Mañán, moi caladiña, deixareime fuxir pola ventá que abro para chegar a ti. Nun teclado alleo os meus dedos camiñan por letras que escribiron antes do sol caer. |