1 Non me faledes dos anos que xogaba coas bonecas, dos soños que fuxiron, do que lembro. Eu quero unha fiestra aberta sempre á hora veciña que se achega. ¡O presente! Iso, só iso quero. ¡Un intre só! 2 Mañán será hoxe i hoxe onte i onte antonte i adeús adeús. ¡Qué axiña morren os días vividos! Ola y adeús. |