1 Non sei se eu son dos Reis ou prefiro o Noel. Postos a elexir elixo todo o que han traer. Poño as mans pra que mas enchan con moreas de ledicia. Quito as mans cando me botan carbón pra pintar os días. 2 Alumean o Nadal ao carón do Corté Inglés, non alumean os cartos nos petos de quen non ten. Vas camiñando sen peso un ano máis o que ven. Probe fuches, probe es, probe serás no 2010. Vaite Nadal que xa cansa o engano que ti es. Vaite co teu Deus Consumo a onde haxa pra te ter. |